Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
EN XULLO E AGOSTO
Sanidade Animal alerta dos focos de mixomatose en lebres en Castela A Mancha e Andalucía
19/09/2018

O Servizo de Sanidade Animal da Xunta de Galicia ven de trasladar a información remitida dende o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación onde se lles comunica a aparición duns focos de mixomatose en lebres aparecidos este ano en Castela A Mancha e Andalucía, en concreto nos meses de xullo e agosto.

Isto implica a imposibilidade de traer animais das zonas afectadas, e tamén a necesidade de extremar as precaucións na compra de animais de fóra de Galicia que poidan ser unha fonte de contaxio para os coellos xa existentes.

Agradécese a colaboración de tódolos cazadores e sociedades de caza para evitar que esta enfermidade se espalle por Galicia. Ante calquera dúbida deberá contactarse cos Servizos Veterinarios Oficiais (SSVVOO) correspondentes.

Descargar nota Ministerio

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza