PROVINCIAL A CORUÑA DE CAZA MENOR

Bo número de capturas e participación no provincial de A Coruña no que Cebreiro García resulta gañador

O pasado sábado 27 de outubro desputouse nos terreos do Tecor Riberas do Tambre, no concello de Oroso, o Campionato Provincial de A Coruña de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración co concello de Oroso e a Sociedade de Cazadores de dito Tecor.

A esta fase provincial acudiron un total de 26 cazadores, e foi un campionato que, sen dúbida, estivo marcado pola alta densidade de caza avistada o que permitiu desfrutar aos cazadores dunha boa xornada cinexética no que as capturas foron destacadas. Mostra da densidade de caza foi a entrada en control de 16 cazadores con capturas.

Foi o cazador Daniel Cebreiro García o que obtivo mellor resultado o acadar o título de Campión Provincial con 1.300 puntos. En segunda posición, e tamén con 1.300 puntos, remataba Pedro Antonio Ferreiro Rodríguez. Alberto Boquete Casas era o que obtiña o bronce con 1.100 puntos.  

A estes tres cazadores acompañaranos Antonio Moure Segade, Jose Manuel Torres  Cebey e Israel Ríos Rodríguez, conformando deste xeito o equipo que representará a esta provincia no vindeiro Campionato Galego da especialidade que se desputará este sábado día 3 de novembro en A Coruña.

 

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.