Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RESPONSABILIDADE CAZADORES
O Tribunal Constitucional falla en base ás alegacións da RFEC con respecto á Lei de Tráfico
13/11/2018

A Real Federación Española de Caza ( RFEC) tras a sentenza STC 112/2018, do 17 de outubro de 2018, emitida polo Tribunal Constitucional ( TC), quere realizar as seguintes aclaracións: 

  • Tras a admisión a trámite do recurso presentado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Logroño, no que se plantexaba a posible inconstitucionalidade do apartado trixésimo do artigo único da Lei 6/2014, do 7 de abril, que modifica a disposición adicional 9ª (actual disposición 7ª) da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria, aprobado polo RD 339/1990, do 2 de marzo, a RFEC acudiuse o pasado 22 de marzo ante o TC para a formulación de alegacións, ao tratarse dun asunto relacionado coa responsabilidade en caso de atropelo de especies cinexéticas.
  • O día 23 de marzo de 2018 o TC aceptou á RFEC como parte interesada, ao afectar directamente tanto aos cazadores como aos titulares de aproveitamentos cinexéticos ou propietarios de terreos de caza, dando a esta entidade un prazo de 15 días para presentar as alegacións correspondentes, que foron efectuadas en prazo. 
  • O 29 de outubro notificouse á RFEC a STC 112/2018, na que se declara que cando unha peza de caza maior procede dun terreo da Administración (reserva de caza) e non hai ‘acción de caza maior’, dos danos que ocasione se se produce un atropelo pode ser responsable a Administración pública e non o condutor do coche. Por tanto, e segundo indica a citada sentenza, a disposición adicional 7ª da Lei de Tráfico é plenamente constitucional neste punto e non vulnera o artigo 106.2 da Constitución Española. 
  • En conclusión, o Tribunal Constitucional, tras ditar sentenza respecto á posible inconstitucionalidade da disposición adicional 9ª da Lei 6/2014 de Tráfico, declara que dita disposición é constitucional e non procede a súa supresión, argumento que a RFEC sostiña nas súas alegacións. 

O presidente federativo nacional, Ángel López Maraver, mostrouse moi satisfeito con esta sentenza, indicando que o Constitucional apoiou con este fallo xudicial “a correcta modificación da Lei de Tráfico”, revisada tras as demandas do sector cinexético para que, “en caso de non existir acción de caza, os cotos ou os titulares non sexan responsables dos danos causados polo atropelo dunha especie cinexética”

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza