Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CRÍA E COIDADOS DO CAN DE CAZA
Presentación da biblioteca cinexética de Mutuasport
16/03/2019

Mutuasport organiza, coa colaboración da Federación Galega de Caza, o vindeiro sábado 23 de febreiro, ás 17.30 horas, a presentación do libro titulado “Guía y Cuidados del Perro de Caza” escrito polo Dr. Luis Eusebio Fidalgo, vicepresidente da Área Cinexética da FGC. O evento realizarase nas instalacións da Feira de Madrid da Caza e Pesca, Cinegética, no esceario central. Parque Feiral Juan Carlos I (IFEMA).

A presentación do terceiro libro da biblioteca cinexética de Mutuasport correrá a cargo do Xerente de Mutuasport D. Javier Vergés, do presidente da Federación Galega D. Javier Nogueira, do presidente da Federación Extremeña de Caza D. José María Gallardo xunto co autor do libro Dr. Luis Eusebio Fidalgo.

Sobre o libro:

“Cría y cuidados del perro de caza. Actuación en situaciones de urgencia”, nace co fin de aportar información básica, pero de gran axuda, sobre os nosos “colaboradores” máis fieis e eficaces no desenrolo da caza. Non se trata de convertir o dono dun can nun veterinario experto en cans de caza, se non de informar sobre as necesidades básicas que precisa o seu can para manter unhas condicións de vida aceptables e desenrolar todo o seu potencial como animal de compañía e como un auxiliar eficaz nas tarefas cinexéticas. Amigo cazador, recorda: ensínalle, cuidao, edúcao, pero nunca o maltrates nin o abandones; a tua condición de cazador non pode permitir nin o maltrato nin o abandono.

Sobre el autor:

Cazador, Dr. en Veterinaria, Máster en Xestión Medioambiental. Profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Prestixioso experto en medicina interna veterinaria e en sanidade e xestión das especies silvestres. Vicepresidente da xunta directiva da Federación Galega de Caza, vicepresidente da xunta directiva da Federación Provincial de Caza de Lugo. Representante da Universidade de Santiago de Compostela na Xunta Consultiva da Reserva Nacional de Ancares (dende 1993). Vocal da Comisión de Homologación de Trofeos de Caza, Xunta de Galicia. Responsable da Comisión do Corzo da Real Federación Española de Caza (dende 2005). Membro nas mesas sectoriais do “Plan de xestión do lobo en Galicia”, Xunta de Galicia, (2006 a 2016). Veterinario “Asistencia técnica veterinaria nos campionatos da Federación Galega de Caza” dende fai máis de 14 anos. Director de varias teses doctorais, tesinas e traballos fin de grao sobre aspectos relacionados con especies cinexéticas, lobo, zorro, xabaril e corzo. Autor de libros e artigos publicados en revistas científicas e en revistas do sector cinexético.

Sobre os organizadores:

MUTUASPORT, é unha compañía de seguros deportivos que, dende a súa fundación no ano 1971, dedicou todos os seus esforzos en protexer o benestar dos cazadores e da actividade cinexética.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

FESTA DA CAZA DE TABOADA
11/03/2019
A “II Festa da Caza” de Taboada repetiu éxito

CURSOS FORMACIÓN
30/10/2017
Ampla e activa participación no II Curso de Formación de A Coruña

CARNE CAZA
22/5/2017
ASICCAZA achega o sabor e as bondades da carne de caza a máis de 400 nenos de Estremadura

EN PONTE CALDELAS
9/1/2016
A VI Montería "Á Galega" volveu resultar un éxito


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza