Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
FECAP
Intensa participación da FGC na VI edición da FECAP
10/06/2019

VI Feira de Caza, Pesca e Natureza enclavada na Abanca Feira Internacional de Galicia

Dende o pasado 6 ao 9 de xuño tivo lugar a VI Feira de Caza, Pesca e Natureza (FECAP) enclavada dentro da Abanca Feira Internacional de Galicia. Como ocorreu nas pasadas edicións de FECAP, numerosa presenza de cazadores, pescadores e amantes das actividades no medio natural achegáronse ao pabillón 4 para coñecer as novidades do sector e participar nas diferentes actividades programadas.

A Federación Galega de Caza, co traballo da súa delegación federativa de Pontevedra, volvíase a presentar en FECAP cun stand atendido ininterrompidamente por traballadores/as da institución e das Xuventudes pola Caza, no que os cazadores e o público en xeral, puideron atopar toda a información sobre as actividades que desenrola a Federación así como os servizos que ofrece a cazadores e sociedades de caza federadas, a máis de atopar folletos, exemplares da revista Galicia Cinexética, roupa corporativa, etc. Moitos cazadores tamen se achegaron ao stand federativo para observar o biotopo artificial de coellos, participar nas actividades de tiro con arco, ver a liga autonómica de agility, etc. Pero a gran atracción foi sen dúbida o afamado e novidoso simulador de tiro Simwayhunt da FGC que congregou a centos de visitantes que quixeron probar sorte neste revolucionario simulador de tiro.

Como ocorreu en tódalas edicións anteriores, a interación da FGC coa FECAP non so se resumía ao stand senon que a Federación Galega de Caza participaba e dinamizaba activamente a FECAP coa celebración de actividades que congregaron a numeroso público, destacando a celebración do Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril e o Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco.

Unha das actividades máis destacadas que a Federación desenrolou nesta sexta edición foi a celebración, de xeito exitoso, das seguintes conferencias e cursos:

- Conferencia sobre “Estándares de traballo de cans de mostra” impartidos por persoas de renome na cinofilia como Antonio Aguilar, Antonio González e Antonio Somoza.

- Curso de xuíces de agility

- Conferencia “Nocións sobre armas e municións para a caza” impartida por Michel Coya, experto en armas e cartuchería, colaborador habitual de prensa e TV especializado en caza.

- “Exposición educativa de divulgación e coñecemento do noso entorno máis cercano” coa organización da FGC de Pontevedra e a Asociación Educativa Animales del Mundo 

Na derradeira xornada a FGC quixo facer visible a importancia dos cans para os cazadores e a actividade cinexética. Para elo realizou unha exposición de cans e fixo recoñecementos especiais a un destacado número de cazadores e criadores galegos que co seu esforzo, ano tras ano, elevan a calidade dos cans de caza galegos.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza