Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CURSO SEGURIDADE A CORUÑA
Gran acollida e mellor resultado do Curso de Seguridade celebrado en Melide
16/09/2019

Ángeles Vázquez Mejuto, Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inaugurou a xornada na que participaron 160 cazadores

A Casa da Cultura do concello melidense de A Coruña acolleu, o pasado venres día 13 de setembro, o Curso de Seguridade e Formación da Federación Galega de Caza baixo o título “Prevención da Siniestralidade e Seguridade na práctica cinexética” en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente.

Ás 18:30 deu comenzo a xornada coa recepción e entrega de documentación aos asistentes para, de inmediato, comenzar a debullar toda a temática da que constaba o Curso. Un curso moi audiovisual, interactivo e didáctico coordinado polo presidente provincial da FGC en A Coruña,  e na que interviron os seguintes ponentes: Dario Andrade Expósito, cazador e Técnico de Caza da Subdirección Xeral de Biodiversidade e Recursos Cinexéticos e Piscícolas; María Teresa González Justo, Avogada, Asesora Xurídica da FGC e experta en lexislación cinexética e deportiva; Javier Nogueira Diz, cazador, presidente da FGC e Conselleiro de Mutuasport; e por último Carlos Sánchez Pontón, Xornalista.

Destacar a excelente acollida e participación por parte dos asistentes, onde a Mesa Redonda foi un torrente de preguntas e dúbidas que foron respostando os relatores e durante as cales se abordaron diferentes temas de máximo interese no desenvolvemento, do día a día, da práctica cinexética.

Este venres día 20 de setembro será Pontevedra, no concello de Mos, o que celebre o seu  Curso de Formación e Seguridade da Caza.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza