Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO DE ARCEAS EN XINZO
Javier Pereiro, cunha captura, proclamouse Campión Galego de Arceas en Xinzo
16/12/2019

Unha soa peza que foi cazada polo coruñés de Viladabad (Tordoia), Javier Pereiro Lamas, foi o botín acadado polos 22 competidores (6 de A Coruña, 5 de Lugo, 5 de Ourense e 5 de Pontevedra, mailo gañador da pasada edición), no XXIV Campionato Galego de Caza de Arceas disputado o sábado 14 de decembro en terras da Limia ourensá baixo a organización da Federación Galega de Caza e a dirección do federativo, Óscar Meijide Varela. Torneo clasificatorio para o nacional que ten fixado de esceario as terras salmantinas. 

Un campionato que discurriu no Tecor de Xinzo (zona de Loñoá) enchoupado de auga debido as condicións climatolóxicas adversas de días e noite anterior, aínda que durante a mañá a choiva deu un respiro á hora de disputarse o acontecemento deportivo.

A concentración (07:30 h.) levouse a cabo no Restaurante da Gasolineira Antela onde se repartiron os dorsais e se deron as instrucións pertinentes. Pouco despois partía a caravana cara a Loñoá, onde se daba a saída (9:00 h.), quedando fixado o punto de chegada (14:00 h.), avituallamento e de control no Local Social daquela aldea. 

O pouco de darse a competición por iniciada escoitábanse xa os primeiros disparos o que fixo pensar que podía ser un bo día de caza. Pero só foi un espellismo xa que logo a crúa realidade encargábase de amosar uns resultados incompatibles co esforzo e bo facer dos participantes ós que, aínda así, avistaron 15 exemplares, pero que por unhas ou outras causas non foron capturadas. O descoñecemento do terreno e querenzas da caza, o empapado que estaba o monte, principais causa da escasa percha, segundo as opinións dos protagonistas. De tódolos xeitos non estará de máis lembrar que a caza da escurridiza e desconcertante arcea é unha das máis puras de tódalas modalidades venatorias menores que coñecemos o non admitir sucedáneos por ser un paxaro migratorio. 

 

CLASIFICACIÓN 

1º  e campión, Javier Pereiro Lamas, de Viladabad (A Coruña), con 1 arcea e 500 puntos. Cazou con  “Lapo”, un setter inglés de 5 anos de idade. Capturou a peza ás 11 da mañá e media hora despois facía a súa entrada no posto de control.

2º e subcampión (por sorteo), José Evaristo Carracedo Calvo de A Coruña (Cinexética Coruñesa). Cazou con “Ritmo”, un Setter inglés.

3º,  (por sorteo), Aarón Mariña Méndez,  Sociedade Azor (Lugo), Cazou con  “Lola”, setter inglés.

Os dous primeiros representarán a Galicia na seguinte fase que, como dixemos antes, terá lugar este ano en terras de Salamanca. Mestres o terceiro queda como primeiro reserva. Neste apartado tamén salientar, que dos 22 cadelos participantes, 19 eran setters.

CLAUSURA

Á clausura do acto asistiron as seguintes autoridades: Luís Eusebio Fidalgo, Vicepresidente da Federación Galega de Caza; Manuel Pérez González, Xefe do Servizo Provincial de Deportes de Ourense; Antonio García Reinoso, Presidente da Federación Galega de Caza en Ourense; Manuel Feijoo Castro, Secretario Xeral da FGC en Ourense; Óscar Meijide Verela, Delegado de Caza Menor do ente federativo e, David Pérez Álvarez, Presidente da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia, entre outros. Persoeiros que pronunciaron breves discursos, procedéndose de seguido a entrega de trofeos e medallas os gañadores en medio dun excepcional ambiente de camaradería e unión. Entregándoselle un chaveiro de recordo tamén a tódolos presentes.

Dicir por último, que de todo o acontecido neste evento deportivo-cinexético terá unha completa información na páxina Web da Federación de Caza e no Canal de YouTube de LUMAVISIÓN GALICIA

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza