PROVINCIAL OURENSE ARCEAS

Jaime Pintos acada o primeiro posto no provincial de arceas

Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas

Os terreos do Tecor “Allariz Penamá” recibiron os participantes do Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas desputado o pasado 18 de xaneiro baixo a organización da Federación Galega de Caza en Ourense e coa colaboración da Sociedade de Cazadores de dito Tecor.

Os cazadores percorreron, durante case 5 horas que durou a competición, as zonas máis querenciosas desta migratoria na procura da súa captura. Dentro da media de avistamentos que se producen neste tipo de probas, unha vez feita a entrada en control o resultado foi o seguinte.

Era o cazador Jaime Pintos Davila coa setter “Hidra de Pasarín” o que facía a súa entrada en control con duas arceas que lle daban 1.000 puntos e o título de Campión Provincial. Con 500 puntos e en segunda posición remtaba José Antonio Vázquez Rivera. O bronce era para José Luís Méndez Tesouro.

Estes tres primeiros clasificados xunto con José Carlos Otero Pérez e Alfonso García Rodríguez forman a selección que representará a Ourense no Autonómico da especialidade.

 

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.