Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROBA ABERTA CETRARIA
Cetreiros en Cospeito
18/02/2020

Proba aberta de Cetrería en Cospeito – Lugo

O pasado sábado día 15 de febreiro desputouse no concello lucense de Cospeito, concretamente no lugar de Arneiro, unha edición mais da Proba Aberta de Cetrería organizada pola Sociedade de Cazadores da Terra Chá, a Sociedade Galega de Cetrería e a Federación Galega de Caza en Lugo e contando coa colaboración dos concellos de Cospeito, Castro de Rei e A Pastoriza. Apesares das baixas temperaturas, a alta participación e o numeroso público que desfrutou dos voos das diferentes aves rapaces fixeron que a xornada fose moi frutífera e de enorme calidade por parte dos 40 cetreiros inscritos.  

Baixo Voo “Azores”

Nesta disciplina o campión da proba foi o cetreiro Pedro San Juan, un cetreiro que chegaba a Cospeito dende León sendo un dos competidores máis prestixiosos e acadando así o seu campionato número 51. Evaristo González, de Cambados, obtivo a prata e tamén deleitou a todo o público asistente coa súa impresionante aguia real. 

Baixo Voo “Harris”

O primeiro posto foi para Brais Mellado que apesares de ser o seu primeiro campionato seguro que pronto chegarán grandes resultados cun futuro moi prometedor nesta disciplina. Cun segundo posto, Diego Fernández, pechaba unha brilante tempada. 

Altanería

O campión foi o socio do Tecor Terra Chá Francisco González, namentras que o segundo posto era para Roger Domínguez.

Pequenas Aves

Laura Vázquez, cetreira que nos ten acostumados a estar nos primeiros postos, novamente acadaba o ouro e a prata.

Mao por Mao

Nesta modalidade a campiona era Laura Vázquez e o segundo posto do podio era para Miguel Vázquez. 

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

NACIONAL DE PERCORRIDOS ARCO
24/02/2026
Un total de 8 medallas colleitadas pola Selección Galega no Nacional de Percorridos con Arco

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
09/02/2026
Cedeira e Ortigueira acolleron a oitava edición da proba de Cans de Parada sobre Arcea

PROVINCIAIS E GALEGO DE RAPOSO
2026-02-02
O equipo coruñés “Os Intocables” foi o gañador do Autonómico de Raposo desputado na Fonsagrada

ARCEAS OURENSE
2026-01-19
O título de campión provincial de Ourense foi para Iván Álvarez coa setter “Loba Raiña”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza