O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe, 4 de xuño, fai pública a resolución do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21.
Estas son as datas máis destacadas:
- Tempada xeral: do 18 de outubro de 2020 ao 6 de xaneiro de 2021
- Lebre: do 18 de outubro ao 29 de novembro do 2020
- Xabaril: do 22 de agosto do 2020 ao 28 de febreiro de 2021
- Arcea: en tempada xeral e con prolongación ata o 14 de febreiro de 2021.
- Corzo: Machos dende o 22 de agosto ata o 17 de outubro de 2020. Asexos dende o 1 de abril ao 31 de xullo de 2021. Femias, prohibido o aproveitamento agas xustificado no Plan Anual de Aproveitamento, do 5 de setembro ao 17 de outubro de 2020 ou ben dende o 7 de xaneiro ao 2 de febreiro.
- Raposo: en tempada xeral como caza menor e en batida dende o 1 de setembro ata o 17 de outubro de 2020 e dende o 7 de xaneiro ao 14 de febreiro de 2020.