Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COMUNICADO DA FGC
Rematan os contactos coas forzas políticas que tiveron a ben xuntarse coa Federación Galega de Caza
09/07/2020

No día de hoxe, Luís Álvarez e Manuel Marey candidatos do Partido Socialista pola provincia de Lugo, mativeron unha reunión con representantes da Federación Galega de Caza na provincia amurallada. Foi esta a derradeira forza política que escoitou os problemas que ten a caza en Galicia ante os comicios electorais do vindeiro domingo 12 de xullo.

Durante máis dunha hora de reunión, o presidente da FGC, Javier Nogueira desmenuzou os diferentes puntos e problemáticas coas que se atopan os cazadores e a caza en Galicia, así como os diferentes proxectos a desenvolver por parte do ente federativo no futuro e que deberán redundar nunha mellora da actividade cinexética.

Ao igual que fixo con todos os representantes políticos cos que a FGC mantivo contacto nestes días, o máximo representante federativo solicitou unha posta en valor da caza en Galicia para afrontar diferentes temas cinexéticos e non cinexéticos que poidan afectar aos cidadáns galegos, facendo especial fincapé nos danos producidos polo xabaril en colleitas e estradas.

A FGC agarda que sexa cal sexa a cor política resultante dos vindeiros comicios, a caza ocupe o lugar que lle corresponde dentro da importancia social, económica e medioambiental que ten na nosa comunidade autónoma.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza