Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
MÁXIMA PROTECCIÓN PARA O TEU CAN
Novo seguro de ACCIDENTES PARA CANS DE CAZA
22/09/2020

Mutuasport, a compañía líder no sector cinexético lanza o seu novo seguro para protexer aos nosos fieis compañeiros de caza.

O seguro de accidentes para cans de caza preséntase como un paso máis para a seguridade do sector cinexético.  D. José María  Mancheño, presidente de  Mutuasport e Javier  Verger, xerente de  Mutuasport, poñen en valor o traballo desenvolvido durante varios meses pola compañía, para adaptarse ás peticións e necesidades do sector da caza.

Creáronse dúas modalidades en función do capital asegurado:

OPCIÓN A (Seguro PREMIUM):

  • Capital máximo por sinistro e ano: 1.000€.
  • Reembolso de gastos veterinarios: 80% sinistro/ano.
  • Indemnización en caso de morte ata: 600€.
  • Estancia post-operación en toda España): 48 h. 

OPCIÓN  B (Seguros N, Q, R, S)

  • Capital máximo por sinistro e ano: 600€.
  • Reembolso de gastos veterinarios: 80% sinistro/ano.
  • Indemnización en caso de morte ata: 600€.
  • Estancia post-operación en toda España): 48 h.

Desta maneira axústase a todos os cazadores, sendo o complemento perfecto do noso seguro de caza. Era a protección que necesitaban os nosos compañeiros de caza.

O presidente de  Mutuasport, D. José María  Mancheño comentaba que “foron meses de traballo desenvolvendo esta póliza para que todos os cazadores poidan gozar cos seus cans tranquilamente das súas saídas ao campo. Necesitaban un seguro que ademais de protexer aos nosos compañeiros de caza dun dano a terceiros, tamén lles cubrise no caso de accidente. É un seguro que complementa ao seu seguro do cazador e desta forma gozan de máxima protección nas súas xornadas de caza”,

Á súa vez, Javier  Vergés explicaba o novo seguro “Este seguro de accidentes para cans de caza ten por obxecto dar cobertura aos danos que poidan sufrir os cans propiedade do cazador asegurado na acción de cazar. Este produto cobre de maneira principal e prioritaria os danos dos cans producidos en accidentes durante a acción de cazar”.

Deste xeito  Mutuasport, afianza a súa longa traxectoria no sector cinexético asegurador, desde o ano 1.971, o seu único labor foi a realización de pólizas de seguros que cubra as verdadeiras necesidades do sector cinexético.

Mutuasport, ademais de ser a mutua dos cazadores e pescadores, sempre está a pensar na seguridade e integridade dos afeccionados en cada unha das súas modalidades. O seu obxectivo é que tanto cazadores como pescadores saian ao campo seguros e tranquilos sen que teñan que preocuparse de nada. Simplemente de gozar da súa afección favorita unha forma ética e responsable.

Mutuasport te protege y asegura el futuro de la caza.

¡Caza seguro, caza con Mutuasport!

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza