Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAMPIONATO GALEGO DE PAXARILES
Resultados do auton贸mico de paxariles
18/05/2021

XXIV Campionato Galego de Paxariles desputado en Narón

 O pasado 16 de maio, desputouse en Río Seco – Narón, o Campionato Galego de Paxariles organizado pola Federación Galega Caza en colaboración coa Sociedade A Faisca.

A esta edición número XXIV acudiron un total de 83 paxaros repartidos nas diferentes categorías e do seguinte xeito: 7 liñaceiros, 18 xílgaros, 14 verderóns, 6 mixtos de liñaceiros, 21 mixtos de xílgaro, 3 mixtos de verderóns e 14 xílgaros camperos (cante natural).

Actuaron como xuíces Jesús Ángel Faraldo Ares, Iván Fajardo Cao e José Oliveira Grande sendo o Director da Proba Miguel Ángel Ares Ares.

 

Na clasificación de Liñaceiro o primeiro posto foi para Dionisio Ares Babarro con 12 puntos, seguida de José Luis López Ferreiro que acadaba o segundo e terceiro posto con 10 puntos.

En Mixto de Liñaceiro o campión e subcampións era Miguel Ángel Ares Ares con 55 e 47 puntos. O terceiro posto era para Jesús Ángel Faraldo Ares con 40 puntos. 

Na categoría de Xílgaro foi Ricardo Díaz Fernández o que obtivo o primeiro posto con 70 puntos, seguido de José Luis López Ferreiro e María Aurora Río Pico en segunda e terceira posición con 59 e 56 puntos respectivamente.

 

En Mixto de Xílgaro o ouro era para Juan Antonio Veiga Sánchez con 93 puntos. A prata era para José Manuel Rodríguez Costa con 92 puntos e José Sanjuan Maceiras remataba en terceira posición con 84 puntos.

Na categoría de Verderolo o participante María Ángeles Pérez Arcos acadaba o primeiro e segundo posto con 40 e 18 puntos. En terceira posición rematou Juan Manuel Souto Rico con 16 puntos.

Na clasificación de Mixto de Verderol resultaba gañador Jacobo Romero Gómez con 30 puntos. Pedro Fernández Jiménez con 9 e 7 puntos acadaba o subcampionato e o terceiro posto da clasificación. 

Na clasificación de Xílgaro de Cante Natural resultaba gañador José Sanjuan Maceiras con 49 puntos. Juan Luis Pita García obtiña a prata con 22 puntos e Luis Roiz Rodríguez era o terceiro clasificado con 18 puntos.

Este Campionato contou co patrocinio de: Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

SELECCI脫N GALEGA RASTRO XABARIL
14/06/2021
Selecci贸n Galega para o Nacional de Rastro de Xabaril

GALEGO DE XABARIL
12/06/2021
Salvador Sestelo con 鈥淏eba鈥 proclamouse campi贸n galego de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril

PROVINCIAL PONTEVEDRA DE XABARIL
07/06/2021
Antonio S谩nchez con 鈥淒i茅sel鈥 foi o campi贸n provincial e 脕lvaro Fontela con 鈥淟ito鈥 o campi贸n da proba

GALEGO DE PERCORRIDOS DE CAZA
07/06/2021
Novamente o tirador Antonio Iglesias acada o t铆tulo auton贸mico de percorridos de caza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza