Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL LUGO DE XABARIL
Martín Martínez con “Camarón” foi o campión provincial e Antonio Sánchez con “Diésel” o campión da proba
29/05/2021

XXII Campionato Provincial de Lugo de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril

Dentro do programa de competicións cinexético deportivas da XXIV Festa da Caza de Lugo celebrouse, o pasado sábado 29 de maio, o Campionato Provincial de Lugo de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril no que participaron preto de 30 cans e monteiros.

Unha proba organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo e que contou coa colaboración da Sociedade de Cazadores San Nicolás, sendo puntuable para a Copa Galicia da especialidade e tamén clasificatoria para o autonómico da modalidade que se desputará o vindeiro 12 de xuño.

O monteiro Antonio Sánchez Sexto foi o mellor clasificado do campo par na fase clasificatoría e tamén o de maior puntuación na fase final acadando un total de 270 puntos co can “Diésel” e sendo deste xeito o campión da proba. O lucense Martín Martínez García co can “Camarón” era o segundo clasificado con 268 puntos e converténdose no novo campión provincial de lugo da especialidade. Compretou o podio o tamén lucense Luis Otero Alonso con “Turco” e 264 puntos.

Antes da entrega de premios os xuíces presentes destacaron o alto nivel e calidade dos cans presentados así como a deportividade de todos os monteiros. O Director da Proba, Jaime González, daba a coñecer o listado de participantes que compoñen a selección lucense para o autonómico, sendo os seguintes: Martín Martínez, Luis Otero, Jorge Cid, Michael Otero, Eladio Basanta, Iván López, Joaquin Cordido, José Quintela, Camilo Cabodevila e Manuel Jesús Fernández.

Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

AUTONÓMICO FIELD TARGET
15/07/2024
Os mellores tiradores de Field Target desputaron o Autonómico en As Pontes

PROBA COPA GALICIA RASTRO XABARIL
10/07/2024
Julio Ferradás con “Copi” gañadores en A Lama

SAN HUBERTO MANUEL REBORDELO
10/07/2024
Edelmiro Leira con “Nilo” gañadores nas Pontes

CAMPIONATO ESPAÑA RASTRO XABARIL
01/07/2024
Antonio Sánchez con “Chico” campións de España de Rastro de Xabaril


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza