Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COPA FGC CORUÑA SAN HUBERTO
Roberto Dopico con “Bruxo” gañadores da Copa FGC Coruña de San Huberto en A Capela
31/05/2021

Copa San Huberto de A Coruña en recoñecemento á traxectoria deportiva

O pasado 22 de maio tiña lugar en A Capela – As Pontes, unha emotiva proba Copa FGC Coruña de San Huberto non que se quixo facer un recoñecemento público á traxectoria deportiva de Antonio Dopico Gato, Antonio Vilar Vigo e Pedro Rodríguez Sanjurjo.

Unha proba na que o resultado da mesma foi o menos importante xa que a finalidade da mesma era destacar e recoñecer a traxectoria deportiva, a súa paixón pola caza e os cans de Antonio Dopico, Antonio Vilar e Pedro Rodríguez. Emotivo e sentido recoñecemento a toda unha vida de cans e monte, sendo un exemplo a seguir no mundo cinexético deportivo galego.

Esta proba, puntuable para a Copa Galicia da especialidade, estivo organizada pola Federación Galega de Caza en A Coruña e contou coa colaboración das sociedades de caza de “Venatoria Puentes”, “Santa María de Cabalar” e a “A nosa señora de AS Neves”.

 

Foi o cazador Roberto Dopico Dopico co seu setter inglés de nome “Bruxo” o que acadou o primeiro posto con 68 puntos. Con 62 puntos e en segunda posición remataba Ramón Picallo Piññ﷽﷽﷽﷽﷽﷽﷽﷽ cinexon 68 puntos. Con 62 puntos e en segunda posicila Federaci seguir no mundo cinexón co pointer macho “Cafe”. “Baco da Brisa” propiedade de Jaime Aneiros Ardao foi o terceiro clasificado con 55 puntos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

NACIONAL DE PERCORRIDOS ARCO
30/09/2024
Gran participación dos arqueiros galegos no Nacional

AUTONÓMICO DE CANS DE RASTRO COELLO
30/09/2024
Os beagles do coruñés Daniel Bouzas acadan o autonómico de rastro de coello

PROVINCIAL COELLO PONTEVEDRA
23/09/2024
O lote propiedade de Jaime López proclamouse campión provincial na Laxe

PROVINCIAL CORUÑA COELLO
16/09/2024
José Antonio Fernández e os seus beagles acadan o primeiro posto do provincial coruñés de coello


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza