SELECCIÓN GALEGA RASTRO XABARIL

Selección Galega para o Nacional de Rastro de Xabaril

Unha vez desputado o Campionato Galego de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril e rematada a Copa Galicia da especialidade, quedou conformada a Selección Galega para a defensa e representación do Campionato de España da modalidade que se desputará o vindeiro 17 de xullo por terras cántabras.

Os monteiros e cans que representarán a Galicia en dita disciplina cinexética deportiva son os seguintes:

-       Salvador Sestelo Núñez con “Beba”

-       Gonzalo Rodeiro Louzao con “Zeus”

-       Álvaro Fontenla Filgueira con “Lito”

-       Bárbara Fontán Castro con “Quin”

-       José Manuel Barreiro Rivadas con “Brisa”

-       Jesús Ares Lorenzo con “Minicho”

-       Antonio Sánchez Sesto con “Diésel” – Campión da Copa Galicia

A esta Selección Galega tamén lle temos que engadir a defensa do título que quedará nas mans do galego Michael Otero Folgueira con “Chacho” Campión Nacional da especialidade na derradeira edición.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.