Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO DE FIELD TARGET
Luis Francisco Barcea en Pistón e Jose Abelenda en PCP foron os Campións Galegos de Field Target
27/06/2021

IV Campionato Galego de Field Target

Este domingo, 27 de xuño, o Campo de Tiro Río Sar acollía a cuarta edición do Campionato Galego de Field Target organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Asociación Galega de Tiro de Campo e a Sociedade Deportiva Río Sar.

Tiradores chegados dende diferentes puntos da xeografía galega desputaban os títulos de campións galegos nas categorías de Pistón e PCP. Era a primeira edición que se desputaba nas instalacións de Río Sar e as sensacións, unha vez rematada a proba, foron máis que satisfactorias para estes especialistas do tiro con aire comprimido.

A boa climatoloxía, moi importante no desenrolo desta disciplina, acompañou aos tiradores da competición que amosaron ao público existente un alto nivel de precisión no tiro ao enfrontarse a 50 siluetas repartidas en 25 “calles” e a unhas distancias de tiro de ata 50 metros. 

A complexidade dos reglaxes que os tiradores teñen que facer nos visores fan desta disciplina un arte da precisión tendo que impactar na “Kill zone” das siluetas que en moitos casos acada os 15mm de diámetro.

Na categoría de Pistón o primeiro clasificado e polo tanto campión galego foi Luis Francisco Barcea Penas con 33 puntos. O segundo caixón do podio era para Antonio R. López-Niño Pérez con 20 puntos. A medalla de bronce era para o tirador Oscar Cordeiro Tobio con 2 puntos.

 

Na modalidade de PCP e na categoría de menos de 16 xulios o título de campión galego era para Jose Abelenda Balsa con 46 puntos. Luis Miguel Gutiérrez Merayo facíase coa prata con 44 puntos. Con 36 puntos, remataba en terceira posición Daniel Pérez Villar.

Na categoría de máis de 16 xulios o campión era Jose Luis Vascuas con 38 puntos namentras que Andrés Galdo Gato era o subcampión con 35 puntos.

A entrega de premios puxo o punto e final a esta cuarta edición do Campionato Galego de Field Target. Un campionato que contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO
25/03/2024
Juan José Canosa e Lidia Almeida campións provinciais en Xallas

PROVINCIAL PONTEVEDRA RRCC
25/03/2024
Blanco Puertas novo campión provincial de pontevedra de percorridos de caza

PROBA XABARIL MEIRA
25/03/2024
O asturiano Luciano Lago con “Rodolfo” gañadores en Meira

XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
17/03/2024
Rubén Gómez con “Sil” e o junior Samuel Fernández con “Jara” foron os campións da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza