Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO XABARIL SALVAXE
III Proba de Cans de Rastro a Traílla sobre Xabaril Salvaxe e I Copa Deputación Ourense
28/06/2021

O sábado día 26 de xullo tivo lugar no Tecor Allariz Penamá (Ourense) a terceira edición da Proba de Cans de Rastro a Traílla sobre Xabaril Salvaxe e I Copa Deputación de Ourense. Unha proba na que destacamos a calidade das prestacións baixo a organización da Federación Galega de Caza en Ourense e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores Allariz-Penamá.

Todo comenzaba coas primeiras luces do día e na búsqueda de rastros. Rastros que foron atopados polo equipo de traballo da organización e que se puxeron a disposición dos 21 participantes.

Rematadas as prestacións de tódolos participantes resaltar o bo facer do monteiro Salvador Sestelo Núñez que co seu grifón asturcántabro obtivo o primeiro posto da proba cun EXC (170 puntos). Álvaro Edreira Guerra co grifón azul de nome “Popeye” obtiña o segundo posto cun EXC (164 puntos). O terceiro clasificado era o grifón azul “Pancho” propiedade de Gustavo Gómez Besada cun EXC (163 puntos). Antonio Sánchez Fernández con “Moro” e Luis Miguel Conde con “Killer” obtiveron o cuarto e quinto posto con 161 e 159 puntos, respectivamente.

O monteiro ourensán Alejandro Couso Rosario co can grifón azul de nome “Peco” obtiña o Trofeo Copa Diputación de Ourense como o mellor clasificado da provincia.

Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE CAZA ARCEAS
17/01/2022
O título de campión provincial foi para José Antonio Vázquez

CAMPIÓNS LIGA AGILITY 2021
17/01/2022
Campións da Liga Autonómica de Agility 2021

PROVINCIAL CORUÑA DE CAZA DE ARCEAS
15/01/2022
Javier López co setter “Foster” foi o campión provincial

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
09/01/2022
“Zara do Coto da Néboa” de Francisco Santiago obtivo en Muras a mellor calificación na Copa Federación de Cans de Parada sobre Arcea


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza