Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SOCIEDADES DE CAZA
A sociedade deportiva Nosa Señora da Cela de Monfero dona máis de trescentos kilos de carne de caza á cociña económica de A Coruña
03/07/2021

A actual situación económica derivada pola pandemia da COVID-19, esta xerando que máis de 1.500 persoas acudan a diario á Cóciña Económica de A Coruña na procura de alimentos, isto xera un movemento solidario por parte de diversos colectivos. 

Nestas desgraciadas circunstancias, moitas persoas, familias ao completo en moitos dos casos, víronse obrigados a recorrer á axuda das organizacións que atenden estas necesidades. Sen embargo, os comedores sociais empezan a estar desbordados. Hai algúns alimentos que son escasos. Entre os que se atopa a carne, imprescindible para aportar á dieta unha fonte de proteínas absolutamente necesaria.

Conscientes de todo isto, o pasado 26 de xuño, a sociedade cinexética Nosa Señora da Cela do concello coruñés de Monfero, e das súas cuadrillas de Queixeiro e San Bartolomé, xuntaron esforzos para axudar e paliar esta situación, donando máis de trescentos kilos de carne de caza á Cociña Económica de A Coruña.

A carne de caza é unha carne saudable, nutritiva, natural, sen aditivos, procedente de animais que se crían en libertade nos nosos montes. A caza, as especies cinexéticas son un recurso natural renovable suscetible de aproveitamento polo home para atender as súas necesidades. E isto é xustamente o que fixo dita sociedade deportiva de caza: atender as necesidades daqueles que mái o precisan nestes intres.

 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

LUMES
2025-08-14
Comunicado da Consellería de Medio Ambiente ante a vaga de lumes

TEMPADA DE CAZA 2025/2026
2025-08-14
Batidas, media veda e adestramentos

MOSTRA CANS MESÓN DO VENTO
2025-07-29
Éxito nunha edición máis do campionato e mostra de cans de caza Mesón do Vento

FAISÁN
2025-07-24
Tecores no que está permitido a solta de faisán


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza