Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
DANOS XABARIL
Planificación e prevención dos danos do xabaril ante a maduración do millo
23/08/2021

No día de hoxe, 23 de agosto, o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, acompañado dos presidentes provinciais federativos, reuníronse coa Directora Xeral de Medio Ambiente e Patrimonio Natural, para coñecer a planificación e prevención dos danos que poida ocasionar o xabaril, ante a proximidade da maduración e recollida da colleita do millo.

Unha preocupante situación cinexética que pode incrementar considerablemente o número de comarcas e concellos afectados por esta situación, si a comparamos con tempadas anteriores.

Por tal motivo, a Consellería de Medio Ambiente, a través da Federación Galega de Caza, solicita aos responsables dos Tecores e cazadores un esforzo para mitigar os danos que ocasionen os xabariles nas colleitas, ou ben nos sinistros de tráfico nas estradas galegas.

No mesmo eido, nesta prevención de danos, tamén se contemplan diferentes accións, que unha vez se den a coñecer a Federación Galega de Caza informará aos responsables dos Tecores afectados.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza