Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO DE ARCO
Voaron as frechas dos mellores arqueiros galegos
26/08/2021

XXI Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco e Caza con Arco o Voo

O pasado 22 de agosto desputouse en Candán - Soutomaior (Pontevedra) o Campionato Galego de Percorris de Caza con Arco e o Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración do Clube Cazarco.

No autonómico de Percorridos de Caza con Arco participaron un bo número de arqueiros chegados dende diferentes lugares da xeografía galega, nunha extraordinaria xornada para os apaixoados dos arcos e as frechas.

Un total de 6 propostas de enorme beleza e diferente complexidade, sobre siluetas 3D, fixeron as delicias dos arqueiros ao mesmo tempo que amosaban a pericia no manexo dos arcos.

Na categoría de Arco Asistido Masculino o primeiro posto da clasificación foi para o pontevedrés Jaime Villaverde Balado quen revalidou o título de Campión Galego da especialidade. En segunda posición situouse Eloy Álvarez Couñago. E xa na terceira posición clasificouse Ángel Villaverde Balado.

Na categoría de Arco Asistido Damas repetiuse case o mesmo podio da edición anterior e foi Dolores Bugarín Codeseda a que se convertía na nova Campiona Galega. Seguiuna a arqueira Mari Carmen Novoa Varela en segunda posición. Compretou o podio Marina Oliveira Amoedo.

En Arco Tradicional o primeiro posto do Campionato Galego foi para Jacobo Santoro Lorenzo seguido de José García Gómez en segunda posición. O bronce era para Antonio Lorenzo Vidal.

Carlota Otero Cayetano convertíase na Campiona Galega na categoría de Cadetes. O arqueiro David Alegre García e Mara Moreira Álvarez, ocuparon a segunda e terceira posición respectivamente da categoría.

Desputado o Campionato de Percorridos de Caza con Arco, tiña lugar posteriormente, o Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo no que participaron un total de 5 equipos.

A proba desenrolouse sobre paspallás sementado e a pericia dos arqueiros fixo vibrar ao público alí presente.

Foi o equipo pontevedrés conformado polos arqueiros Jaime Villaverde e Pedro Martínez os que co seu can “Sil” conseguiron, novamente, o título de Campións Galegos da especialidade. En segunda posición remataron Jacobo Santoro e Marina Oliveira coa cadela “Vela” e o equipo formado por Miguel Rodríguez e Antonio Lorenzo coa bretona "Dora" acadaron a terceira posición. 

Estes Campionatos Galegos contaron co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

NACIONAL DE PERCORRIDOS ARCO
30/09/2024
Gran participación dos arqueiros galegos no Nacional

AUTONÓMICO DE CANS DE RASTRO COELLO
30/09/2024
Os beagles do coruñés Daniel Bouzas acadan o autonómico de rastro de coello

PROVINCIAL COELLO PONTEVEDRA
23/09/2024
O lote propiedade de Jaime López proclamouse campión provincial na Laxe

PROVINCIAL CORUÑA COELLO
16/09/2024
José Antonio Fernández e os seus beagles acadan o primeiro posto do provincial coruñés de coello


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza