3 de outubro de 2021
GALEGO DE RASTRO DE COELLO

O título autonómico en Riveira foi para o lote de beagles de Juan Formoso

XXX Campionato Galego de Cans de Rastro sobre Coello

Xa son trinta as edicións desta afamada proba de cans de rastro sobre coello, un autonómico que sempre desperta paixóns e que nesta edición do 2021 resultou gañador o cazador coruñés Juan Formoso Raposo que participou co lote de beagles “Luna, Naca, Flor e Tula“.

Baixo a organización da Federación Galega de Caza desputouse no día de onte, 2 de outubro, o Campionato Galego de Cans de Rastro sobre Coello nos terreos cinexéticos de Riveira. Todo elo grazas a colaboración da Sociedade de Caza e Pesca do Barbanza.

Un campionato no que participaron diferentes lotes clasificados nos respectivos campionatos provinciais. Boa climatoloxía e unha densidade aceptable de coellos fixo que os cans rastrexadores fosen quen de facer as diferentes prestacións que puxeron en dificultades ao equipo de xuíces que sempre teñen a complexa pero esencial tarefa de dar a clasificación final. 

E nesta clasificación o cazador Juan Formoso Raposo foi o que acadou o posto máis alto da clasificación cun total de 545 puntos e participando co lote de cans “Luna, Naca, Flor e Tula“. A segunda posición e con 532 puntos foi para o lote tamén de beagles “Milan, Nikos, Night e Nenette” propiedade de Juan Carlos Casas Cambón. O bronce era para Alfonso Rey Baulde, campión da edición anterior, que sumou un total de 505 puntos co lote comformado por “Fonsa, Trus, Clay e Trasno”.

A cadela de nome “Naca” propiedade do campión Juan Formoso Raposo foi nomeada como Mellor Can da Proba cun total de 150 puntos.

No trascurso da entrega de premios o Delegado de Rastro Autonómico, Oscar Meijide, fixo unha valoración moi positiva do trascorrer da proba destacando a calidade dos cans e a deportividade dos participantes.

 Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Solognac, Arion e Proyecta Galicia.

 

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.