Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COMPETICIÓNS
A FGC fai un balance positivo das competicións cinexéticas deste 2021
20/12/2021

Foi o Autonómico de Caza de Arceas a derradeira proba do calendario oficial da FGC e o que puxo a guinda a un ano 2021 moi positivo no eido da competición cinexética. É así como a Federación Galega de Caza valora o traballo organizativo, reponsabilidade e deportividade de todos os entes relacionados coa competición cinexética galega.

O ano 2021 veu marcado pola volta á competición, retomando as probas e campionatos da maior parte das disciplinas cinexético-deportivas coas que conta o ente federativo. Unha vez comenzada a competición destacar a responsabilidade e a aplicación dos diferente protocolos fisiocovid elaborados pola FGC e que fixeron que a competición fose o máis segura posible.

A FGC quere facer un agradecemento especial a tódolas escearios (campos de tiro, Tecores, clubes de agility, etc.) rexentados por sociedades ou clubes onde tiveron lugar as diferentes probas e campionatos organizados pola FGC xa que sin esa vital colaboración non sería posible.

Foron máis de 80 as competicións organizadas pola FGC ou nas que colaborou intensamente neste ano 2021. Rematado así o calendario oficial de competicións mencionamos os campións galegos das diferentes modalidades:

-       Caza Menor con Can: José Manuel Torres Parada

-       Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril: Salvador Sestelo Núñez

-       Cans de Rastro sobre Coello: Juan Formoso Raposo

-       Field Target: Luis Francisco Barcea Penas, José Abelenda Balsa e José Luis Vascuas

-       Paxariles: Dionisio Ares Babarro, María Ángeles Pérez Arcos, Miguel Ángel Ares Ares, Juan Antonio Veiga Sánchez, Ricardo Díaz Fernández e Jacobo Romero Gómez

-       Compak Sporting: Antonio Iglesias Otero

-       Percorridos de Caza: Antonio Iglesias Otero

-       Percorridos de Caza con Arco e Arco o Voo: Jaime Villaverde Balado, Dolores Bugarín Codeseda, Jacobo Santoro Lorenzo, Carlota Otero Cayetano e Pedro A. Martínez

-       Cetrería: Rogelio Domínguez Tubio, Pedro A. Sanjuan Martínez, Ángel Barcenilla Puerta

-       Caza de Arceas: Ramiro Lamas Vilanova

-       Cans de Parada: Eloy Rodríguez Rego e Vicente Cortés Doce

-       San Huberto: René Vale García, Nicolasa González Carrodeguas e Juan José Canosa Vigo.

-       Agility: Lucia Duro Devesa, Carlos Souto Tobio, Alberto Costas, Jorge Ramos Salinas e Iker Santos Cabo.

Pero o éxito dos deportistas galegos tamén traspasou fronteiras e nas probas nacionais os nosos competidores colleitaron medallas nas diferentes especialidades, destacando os seguintes:

- Juan Formoso Raposo campión da Copa España de Coello

- Ignacio Orge García campión de España de Cetrería Baixo Voo de Harris a Faisán

- Francisco González García subcampión de España de Cetrería Baixo Voo de Harris a Faisán

- Lolo Santome campión de España senior de Agility na categoría 50

- Alberto Costas terceiro no Nacional de Agility na categoría 40

- Laura Vidal terceira no Nacional de Agility en xuvenil 40

- Marta Soler terceira , Iago Sánchez segundo e Jorge E. Ramos Salinas campión, ocuparon a totalidade do podio no Nacional de Agility categoría 50

- Lee Ramsdale campión de España de Arco en Tradicional

- Dolores Bugarín campiona de España de Arco en Asistido Feminino

- Jacobo Santoro subcampión de España de Arco en Long Bow

- José Caruncho subcampión de España de Arco en Asistido Junior

- Carlota Otero campiona de España de Arco en Tradicional Cadete

- Sita González subcampiona de España de San Huberto da categoría feminina

- Antonio Costa bronce no Nacional de San Huberto.

- José Manuel Pallas Germiñas campión da Copa Federación de España de San Huberto

- Antonio Costa subcampión da Copa Federación de España de San Huberto

- Ouro por equipos en Razas Británicas no Nacional de Cans de Mostra

- José María Carnota Ríos prata no Nacional de Cans de Mostra

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

NACIONAL DE PERCORRIDOS ARCO
30/09/2024
Gran participación dos arqueiros galegos no Nacional

AUTONÓMICO DE CANS DE RASTRO COELLO
30/09/2024
Os beagles do coruñés Daniel Bouzas acadan o autonómico de rastro de coello

PROVINCIAL COELLO PONTEVEDRA
23/09/2024
O lote propiedade de Jaime López proclamouse campión provincial na Laxe

PROVINCIAL CORUÑA COELLO
16/09/2024
José Antonio Fernández e os seus beagles acadan o primeiro posto do provincial coruñés de coello


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza