Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
MANIFESTACIÓN 20 DE MARZO
Máis dun milleiro de cazadores galegos xa confirmaron a participación na manifestación do 20 de marzo en Madrid
08/03/2022

Novamente o colectivo cinexético galego responde á chamada da movilización en defensa da caza e do mundo rural do vindeiro 20M, ao igual que o fixo naquel 15 de abril do 2018 en Santiago de Compostela.

Nesta ocasión é maior o esforzo que teñen que facer os cazadores galegos que soportarán máis de 12 horas de desprazamento nunha soa xornada co fin de facer chegar a voz galega as rúas da capital de España. Unha voz que defenderá a caza e o mundo rural.

Non nos deixemos enganar porque ainda que se estén difundindo algunhas novas falsas que indican que todo está solucionado ou que se está solucionando, isto non é certo, os proxectos de leis que afectan ao mundo rural e a caza así como as intencións do Goberno non trocaron en absoluto.

É por iso que serán moitos máis os cazadores galegos os que se achegarán a Madrid o 20 de marzo, e a Federación Galega de Caza, grazas aos seus federados, ve recompesado o esforzo económico realizado para facilitar a presenza galega nesta macromanifestación. 

A FGC acolle esta resposta dos cazadores galegos como alento e forza para seguir loitando polos dereitos dos cazadores. E lembra que “Se non loitas polo que amas, non chores polo que perdas” Grazas!!!

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza