Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COMITÉ GALEGO DE CAZA
Xuntanza do Comité Galego de Caza e propostas da FGC
04/04/2022

Na mañá de hoxe, luns día 4 de abril, tivo lugar a xuntanza do Comité Galego de Caza, cuxos acordos servirán de base para confeccionar a “Resolución de Vedas” que regula os períodos hábiles de caza das distintas especies cinexéticas para a vindeira tempada de caza 2022/2023. Un Comité que tamén foi un punto de encontro para o análise da situación actual da caza e tamén de acollida ás diferentes propostas presentadas pola Federación Galega de Caza.

O Comité estivo composto polos diferentes representantes dos cazadores galegos e das sociedades de caza, entre os que se atopaban os catro presidentes provinciais da Federación Galega de Caza, e todos eles encabezados polo presidente da FGC, Javier Nogueira Diz; así como representantes da administración autonómica e a Directora Xeral de Conservación da Natureza, Belén do Campo.

A FGC amosouse satisfeita pola boa acollida que tiveron, por parte da Administración, as diferentes propostas presentadas en prol da caza, dos cazadores e das sociedades de caza, entre as que destacamos as seguintes:   

  • Exención de pago da licencia de caza dos menores de 18 e maiores de 65 anos: Neste punto destacar a disposición avanzada da Administración para acadar a consonancia da licencia de caza coa de pesca e que esta exención sexa unha realidade o máis pronto posible. A FGC é optimista en acadar esta proposta federativa e que sexa realidade unha vez supere no tempo as diferentes fases de tramitación e aprobación.      
  • Dinaminazación da caza do corzo en asexo
  • Dar solución á situación do análise da carne de caza para unha posta en valor da mesma e un consumo con óptimas garantías sanitarias.
  • Plan xeral para a xestión, recuperación e conservación do coello de monte e perdiz vermella.
  • Ampliación e axilización de axudas ás Sociedades de Caza para o fomento da riqueza e xestión de recursos cinexéticos.

A FGC agarda que estas propostas rematen en bo porto e que a Administración as faga realidade porque darán un pulo e posta en valor á actividade cinexética, ao rural e a biodiversidade galega.

A Consellería tamén informou da presentación de alegacións ao Anteproxecto da Lei de Protección e Benestar Animal anunciado polo Goberno central. Feito que agradeceu o ente federativo e que todo indica a que ditas alegacións van en concordancia coas presentadas pola FGC a través da Real Federación Española de Caza.

Rematado o Comité todo apunta a que serán mínimas as modificacións da vindeira Orde de Vedas con respecto ao exercicio cinexético anterior no tocante ás modalidades e aos periodos hábiles de caza das diferentes especies cinexéticas.

Queda todo emprazado para que sexa a Consellería do Medio Ambiente a que fixe, coa publicación da Resolución de Vedas, as regras que rexerán a práctica cinexética na nosa comunidade na vindeira tempada.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO INICIACIÓN TIRO XUVENTUDES
29/04/2024
Curso de Iniciación ao Tiro para as Xuventudes

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza