Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROBA CANS RASTRO XABARIL SALVAXE
O xoven monteiro Erik Iglesias con “Chata” gañadores da cuarta edición
11/04/2022

IV Proba de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe

O pasado 9 de abril e baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e contando coa inestimable colaboración da Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia tivo lugar a cuarta edición da Proba de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe. Unha proba que contou cunha climatoloxía propicia para o desenrolo da mesma e que deu como resultado o éxito en canto á alta participación e o seguimento satisfactorio da mesma.

Un agradecemento moi especial para os Tecores de Xuvia e Fene pola cesión dos terreos para a desputa desta extraordinaria xornada de monteiros, cans e rastros. E todo elo grazas ao traballo impecable dos rastrexadores os cales puxeron a disposición da organización un elevado número de rastros máis que suficientes para os preto de 50 monteiros participantes.

Ao igual que en anos anteriores o que verdadeiramente temos que destacar é a participación das xóvenes promesas, rapaces e rapazas de curta idade que xa garantizan o relevo xeracional desta actividade e que se desenvolveron como expertos monteiros no manexo da traílla. De enmarcar o comportamento dos nenos que deron unha lección de deportividade e paixón polos cans e o rastrexo do porco bravo. Estes rapaces souperon desfrutar dunha xornada en plena natureza, adquirindo coñecementos de diferente índole, amosando gran interese polos cans así como polos baremos de puntuación que o xuíz José María Álvarez Villar lles foi ensinando paso a paso.

Os monteiros dividíronse en 6 campos diferentes cos seus respectivos xuíces e dos cales pasaría a fase final o mellor de cada campo. Destacar o amplo abano de idades dos monteiros, dende os 7 anos do máis xoven ata os 87 do máis veterano. Un claro exemplo de que estas probas e a caza non entenden de idades.  

Foi o monteiro Erik Iglesias de 7 anos o que coa cadela “Chata” se proclamaban campións absolutos. Erik xa é todo un referente entre os monteiros galegos e, xunto co resto de rapaces participantes, marcarán o futuro da actividade cinexética.

Daniel Mantiñan con “Narco” e Luis Otero con “Sol” foron os segundos e terceiros clasificados. Jorge Vázquez con “Bobi”, Elisa Amado con “Jamón” e Manuel Rodeiro con “Pepe” foron, respectivamente, os seguintes clasificados da fase final.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

NACIONAL DE PERCORRIDOS ARCO
30/09/2024
Gran participación dos arqueiros galegos no Nacional

AUTONÓMICO DE CANS DE RASTRO COELLO
30/09/2024
Os beagles do coruñés Daniel Bouzas acadan o autonómico de rastro de coello

PROVINCIAL COELLO PONTEVEDRA
23/09/2024
O lote propiedade de Jaime López proclamouse campión provincial na Laxe

PROVINCIAL CORUÑA COELLO
16/09/2024
José Antonio Fernández e os seus beagles acadan o primeiro posto do provincial coruñés de coello


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza