Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS DE CAZA
O campión da proba foi Jose Manuel Fernández Añón e Marcos Vázquez Cabado o dominador provincial
16/05/2022

XVI Campionato Provincial de Lugo de Percorridos de Caza

Despois da desputa do provincial de compak na xornada previa, onte 15 de maio tiña lugar o XVI Campionato Provincial de Lugo de Percorridos de Caza organizado pola Federación de Caza de Lugo e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores San Nicolás.

Con ampla participación de tiradores chegados dende as catro provincias galegos desputábase a edición provincial lucense de percorridos de caza no que destacamos a fermosa paisaxe na que se instalaron os postos de tiro. Postos que contaron con pratos con diferentes traxectorias que deron como resultado unha fantástica proba que solo se viu condicionada por problemas mecánicos dunha das máquinas lanzapratos.

 

Temos que reseñar a extraordinaria tirada realizada polo coruñés Jose Manuel Fernández Añón que sendo da categoría home B foi quen de rematar cun total de 86 pratos escachados e converténdose no campión da proba. O segundo clasificado da Xeral foi Francisco Rivero Martínez con 85 pratos que tamén se proclamaba campión da categoría Senior. O tamén pontevedrés Daniel Domínguez Treinta acadaba tamén 85 pratos pero tíñase que conformar co bronce.

Marcos Vázquez Cabado, quinto da clasificación xeral, era o tirador lucense que se facía novamente co título de campión provincial de percorridos de caza ao igual que fixo na modalidade de compak sporting.

Na categoría Senior o segundo e terceiro posto eran para Vicente Insua López e Juan Carlos Bande López, respectivamente.  

Luis Salmerón Madera era o Máster mellor clasificado e José González Yáñez era o Veterano que acadaba o primeiro. A tiradora Belina García Curras era a campiona en Damas e Sergio Loureiro Rodríguez en Iniciados.

Este Campionato contou co patrocinio da: Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport e coa colaboración de Solognac.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

COPA FGC CORUÑA SAN HUBERTO
2025-07-07
Antonio Costa con “Paiper” gañadores da Copa FGC Coruña de San Huberto

CAMPIONATO ESPAÑA RASTRO XABARIL
2025-06-30
O galego Julio Ferradás con “Copy” subcampión de España de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril

COPA FGC CORUÑA CANS DE PARADA
2025-06-30
O setter “Ralf” de Carnota Ríos foi o mellor calificado en Vimianzo

SAN HUBERTO MAÑÓN
2025-06-30
Juan Carlos Arteche con “Chula de Vilar de Donas” adxudícase o primeiro posto en Mañón


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza