2 de xuño de 2022
CPTO ESPAÑA COMPAK SPORTING

Máis de 260 tiradores daranse cita esta fin de semana no campo de tiro Rio Sar

As instalacións da  S.D. Rio Sar, situadas en Trazo (A Coruña) acollen esta fin de semana o  XXIV Campionato de España de Compak Sporting, no que está confirmada a participación de máis de 260 tiradores procedentes de toda España e outros países como Portugal. Esta será a segunda proba selectiva para elixir o equipo que represente ao noso país nas próximas competicións internacionais de  Compak Sporting.

A trasfega de tiradores e o ruído dos pratos e cartuchos faise notar desde principios de semana en Rio Sar, onde van chegando as diferentes delegacións autonómicas para adestrar para a gran final que se disputará o sábado e o domingo (4 e 5 de xuño); na que cada tirador deberá enfrontarse, en 8 canchas diferentes, a 200 pratos lanzados -desde máquinas automáticas- en distintas e distantes traxectorias.

O acto inaugural terá lugar o venres (3 de xuño), ás 20.30h, co desfile dos equipos autonómicos, e durante o mesmo a mutua dos cazadores,  Mutuasport, con motivo do seu 50 aniversario fará entrega dunha distinción de  mutualistas de honra aos  expresidentes da Federación  Galega de Caza, Manolo Andrade e Arturo Pichel.

Na competición participarán os mellores tiradores galegos, capitaneados polo campión galego da especialidade, o tirador santiagués da SD Rio Sar, Dani Cebreiro.

Do 16 ao 19 de xuño disputarase o campionato de Europa nas mesmas instalacións.

A Federación Internacional de Tiro con Armas Deportivas de Caza ( FITASC) e a Real Federación Española de Caza (RFEC), tras valorar diferentes opcións, tamén decidiron confiar a Rio Sar a organización do Campionato de Europa da especialidade, no que está prevista a participación de 400 deportistas procedentes dos diferentes países europeos, entre os que tamén competirán un nutrido grupo de tiradores galegos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.