Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COPA ESPAÑA XABARIL SALVAXE
O cántabro Ramiro Vega con “Camilo” gañadores da I Copa España de Xabaril Salvaxe
18/06/2022

I Copa España de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe

No día de hoxe, 18 de xuño, desputouse na comarca coruñesa de Ferrol Terra a primeira edición da Copa España de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe. Un campionato organizado pola Real Federación Española de Caza, a Federación Galega de Caza e contando coa colaboración das Sociedades de Caza de Xubia, Valdoviño e Urogallo así como co patrocinio de pensos Maxxidog.

Unha agardada cita para os monteiros norteños que xa contan coa primeira edición desta modalidade salvaxe sobre o rastrexo do porco bravo con cans atraelados e que congregou a xabarileiros cántabros, asturianos e galegos.

Preto de 60 monteiros e cans participantes dividíronse en 7 campos dos cales un deles estaba compostos por rapaces menores de 14 anos que amosaron o bo facer no rastrexo e emprego da trailla.

Cando falamos de caza salvaxe e máis de xabaril bravo, o imprevisible sempre está presente no comité organizador. Nesta ocasión o éxito define o resultado desta proba na que guías e rastrexadores foron a peza clave para dar rastros de calidade á organización e participantes.

Rematada a fase clasificatoria o Delegado Nacional de Rastro, Oscar Meijide, deu a coñecer os 7 monteiros, o mellor de cada campo, que se clasificaron para a fase final. Destacamos acontinuación os 3 mellores monteiros e cans de cada campo:

-       Campo A: Carlos Alberto Arnoso con “Pizarro”, Iván Fernández Pereira con “Turé” e Camilo Cabodevila con “Maya” 

-       Campo B: Michael Otero con “Diva”, Jorge Morán con “Bandera” e Pablo Martínez con “Saky”

-       Campo C: Iván González con “Rumbo”, Jose Couto con “Rival” e Guillermo Calviño Louro con “Polo”

-       Campo D: Ramiro Vega con “Camilo”, José Antonio Ramos con “Chula” e Juan Lavorda con “Tila”

-       Campo E: Jonathan Arnaiz con “Man”, Manuel Fernando Rodríguez con “Ivar” e Ricardo Méndez con “Turca” 

-       Campo F: Miguel Conde con “Killer”, Jose María Portela con “Full” e José Tarrio con “Jara”

-       Campo G: Hugo Caruncho con “Pinta”, Hugo López con “Yako” e Erik Iglesias con “Chata”.

 

Desputada a fase final, foi o cántabro Ramiro Vega Camino co can mestizo “Camilo” o que obtivo o primeiro posto cun total de 263,5 puntos e se converteu no campión desta primeira edición da Copa España. O tamén cántabro Jonathan Arnaiz García co can “Man” e 250,5 puntos obtivo o segundo posto da clasificación xeral. O bronce foi para o galego Miguel Conde Roma con “Killer” que rematou cun total de 249 puntos.

Finalizada a entrega de premios a clausura do campionato correu a cargo de José María Álvarez Villar, presidente da FGC da Coruña, e Manuel Gallardo Casado, presidente da Real Federación Española de Caza. O presidente nacional dirixiuse a todos os presentes agradecendo o enorme esforzo organizativo, facendo fincapé na tarefa realizada por rastrexadores, guías e xuíces. Gallardo destacou o empuxe desta modalidade cinexético deportiva que sempre terá espazo na RFEC e que potenciará en vindeiras edicións.

 

 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza