Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO DE PERCORRIDOS DE CAZA
Blanco Puertas dominador do Autonómico de Percorridos en Rio Sar
18/07/2022

XXXIV Campionato Galego de Percorridos de Caza en Río Sar

A edición número XXXIV do Campionato de Galego de Percorridos de Caza desputado en Río Sar o pasado 17 de xullo foi, novamente, un éxito en canto a nivel organizativo e deportividade dos tiradores.

Unha edición con preto de 90 tiradores divididos en 15 escuadras e que estivo condicionada polas altas temperaturas existentes durante a xornada que complicou máis se cabe a xa imprescindible concentración e puntería dos tiradores.

Baixo a organización da Federación Galega de Caza e a Sociedade Deportiva Río Sar, desputábase este Autonómico de Percorridos que rematou sendo unha fantástica tirada a 150 pratos con 3 liñas de tiro a duas voltas.

Foi o tirador Manuel Blanco Puertas o que remataba con 136 pratos despois dunha tirada moi regular e que o converteron no novo campión galego da especialidade. Un resultado amplo xa que superou en 3 pratos ao actual campión provincial da Coruña, Antonio Iglesias Otero, que se tivo que conformar coa prata. Para coñecer o terceiro posto da clasificación xeral foi preciso a realización dun desempate entre Daniel Cebreiro García e Roberto Rodríguez Fernández xa que ámbolos dous tiradores remataron con 129 pratos. Foi Cebreiro García o que resultou gañador e acadou o bronce do Autonómico.

 

Na categoría de Senior o campión era Manuel García Pombo con 123 pratos. Cristino Mera Román e Francisco J. Rivero Martínez obtiñan o segundo e terceiro posto, respectivamente.

En Veteranos o campión era Antonio Castro Ferreiro con 108 pratos por diante de Gabino Villamor Vázquez e José González Yáñez, respectivamente.

En Xuveniles o campión foi Rubén Vicente López con 67 pratos e en Máster o mellor clasificado foi Luis Salmerón Madera.

O tirador pontevedrés Daniel Cebreiro Garcia recibiu unha placa da FGC por ser o Campión da Copa Galicia de Percorridos 2022

A Selección Galega quedou formada por Manuel Blanco, Antonio Iglesias, Daniel Cebreiro, Roberto Rodriguez, Manuel García, Antonio Castro.

Este Campionato Provincial contou coa colaboración de Solognac e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
15/04/2024
Miguel Villar con “Blanco” gañador en Ferrolterra

RASTRO XABARIL SALVAXE CODESEDA
10/04/2024
Iago Vázquez con “Yerry” campións en Codeseda

COPA GALICIA CANS DE PARADA
30/03/2024
“Chico do Cereixal” de Antonio Vilar e “Iron” de Jaime Aneiros foron os Campións Galegos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza