31 de xullo de 2022
AUTONÓMICO DE SAN HUBERTO

O tridente formado por Pallas, Canosa e Varela proclamáronse Campións Galegos de San Huberto no Forgoselo

XXXIV Campionato Galego de Caza San Huberto desputado no Tecor Venatoria das Pontes

No día de onte, 30 de xullo, tiña lugar no excepcional monte do Forgoselo a final do Campionato Galego de Caza San Huberto no que Jose Manuel Pallas en Homes, Juan José Canosa en Levantadores e Nuria Varela en Donas, resultaban campións do Autonómico.

Baixo a organización da Federación Galega de Caza e contando coa colaboración do Tecor Venatoria das Pontes desputábase esta fase final na que destacamos os máis que axeitados campos para a desputa desta modalidade. Mostra delo é preciso lembrar que o Forgoselo xa albergou un campionato nacional da especialidade. 

Baixo unha temperatura non excesivamente alta, sobretodo nos primeiros compases da proba, e un vento continuo e non variable deu de si unhas extraordinarias prestacións. Turnos de enorme calidade nos que apreciamos a simbiose entre can e cazador, tan importante na disciplina de San Huberto.

Os participantes repartíronse en catro campos: tres campos para Homes e un para Donas e Levantadores. O intenso barrage final de Homes foi desputado polos dous mellores de cada campo, nesta ocasión foron: René Vale, Jorge Dobarganes, Jose Manuel Pallas, Roberto Dopico, Roberto González e Corsino Varela.

 

Na categoría Homes o cazador José Manuel Pallas Germiñas co setter inglés “Marshal de Piago” obtiña a mellor puntuación, 78 puntos, e acadaba o título de campión autonómico da especialidade. Roberto González Arías co macho de bretón “Ciclón de Alcoporto” era o subcampión con 70 puntos, namentres que Jorge Fernández Dobarganes co pointer macho de nome “Bico da Brisa” obtiña o bronce con 67 puntos.

 

Na categoría de Levantadores o primeiro posto e revalidando o título de Campión Galego por terceiro ano consecutivo era para Juan José Canosa Vigo co springer spaniel “Tayson” e 78 puntos. Saturnino Vidal Pereira con “Coco” era o que acabada o sucampionato con 58 puntos, namentres que compretaba o podio José Sanmartín Pérez con “Chispa” e 37 puntos.

 

A xoven cazadora Nuria María Varela Painceiras co macho de pointer “Perseo da Xeara” era, con 75 puntos, a flamante campiona na categoría de Donas. A prata era para Nicolasa González Carredoguas coa pointer femia “Conga” e 58 puntos. Lidia Almeida de Oliveira acompañada do macho de setter inglés “Dilan de Piago” acadaba o terceiro posto da clasificación con 45 puntos.

 

Neste Autonómico de San Huberto tamén se deu a coñecer o Campión da Copa Galicia da especialidade. Nesta ocasión resultou gañador Edelmiro Leira Pérez co bretón “Nilo” que recibía a placa de campión e un pase directo para o Campionato Nacional da especialidade.

 

Antes do comenzo da entrega de premios e clausura do acto, a Federación Galega de Caza, da man do seu Delegado Autonómico, José Seco Alvite, fixo entrega dunha placa en recoñecemento á traxectoria de Nicolás Rivas García. En verbas do Delegado, Nicolás Rivas foi todo un referente na disciplina de San Huberto, albergando no seu palmarés varios campionatos nacional e do Mundo.

Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.