Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RFEC E ARTEMISAN
A Lei Animalista e a Reforma do Código Penal acabarían coa caza en España
22/08/2022

A RFEC e Fundación Artemisan elaboraron un documento que desmonta a xustificación do Goberno para ambos proxectos e informa das consecuencias que podería ter a súa aprobación para a caza, os animais e a sociedade en xeral.

A Real Federación Española de Caza (RFEC) e Fundación Artemisan elaboraron un documento que demostra que a entrada en vigor da Lei Animalista e da reforma do Código Penal, impulsadas polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 do Goberno de España, acabarían coa caza en España.

O documento, feito polos Servizos Xurídicos de ambas entidades, detalla os artículos que propoñen ambas normativas que supoñen unha amenaza directa para a viabilidade da actividade cinexética e desmonta os argumentos empregados polo Goberno do PSOE e Podemos para tramitar ambos textos sen consenso e por procedemento de urxencia.

Neste sentido, este tipo de tramitación limita a participación da sociedade e das entidades afectadas, precisamente cando se trata de normativas que recibiron a oposición de xuristas, científicos, expertos, sectores afectados e incluso das asociacións ecoloxistas.

Entre outras cuestións, o documento desvela cómo a Lei de Dereitos dos Animais faría prácticamente inviable a supervivencia das realas, a cetrería, recoñecida como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola UNESCO, ou incluso a grabación de documentais de caza; e convertiría en maltrato moitas das accións cinexéticas que son propias da actividade.

Igualmente, recolle cómo o anteproxecto invade as competencias doutras administracións ao prohibir actividades como o silvestrismo ou o regular o transporte de cans de reala, que xa conta con unha lexislación específica procedente doutro Ministerio.

Do mesmo xeito, o texto sinala cómo a normativa fai inviable a práctica de modalidades como a perdiz con reclamo, cimbeis de pomba ou aves acuáticas, creando unha grave inseguridade xurídica, ou cómo impide a cría de reposición e obriga á esterilización sen argumentos técnicos ou científicos que o avalen.

Tamén fai fincapé en que o anteproxecto convirte en especie protexida aos gatos de colonias, en contra da opinión de toda a comunidade científica e da propia Comisión Europea, que afirma que un dos maiores problemas para a biodiversidade é o gato asilvestrado das colonias felinas.

A todo elo súmase a creación de numerosos órganos, sistemas de rexistro, entidades e plans que conlevarán un cuantioso aumento do gasto público sufragado polos contribuintes nun momento de crise xeneralizada na que se están pedindo esforzos a todos os ciudadáns. 

No referente á reforma do Código Penal, ambas entidades coinciden en que contempla penas desproporcionadas e en que, ao extender a tipificación do maltrato animal a todos os animais vertebrados, pon en serio risco a caza, a pesca e outras actividades de gran importancia para o mundo rural.

Dende a RFEC e Fundación Artemisan agardan que o documento serva para que os distintos partidos políticos, Comunidades Autónomas e os ciudadáns teñan información real das consecuencias que tería a aprobación desta normativa e se opoñan a uns proxectos que non perseguen o benestar dos animais, senon contentar a un sector animalista minoritario e radical.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”

DISTINCIÓNS MÉRITO DEPORTIVO 2023
31/01/2024
Javier Nogueira e José Ángel Torres reciben as Distincións ao Mérito Deportivo 2023


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza