Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PARTIDOS POLÍTICOS – LEI ANIMALISTA
A FGC comenza a rolda de reunións cos partidos políticos para poñer freo á Lei Animalista
02/09/2022

No día de hoxe, 2 de setembro, representantes da Federación Galega de Caza comenzaron a rolda de xuntanzas cos diferentes partidos políticos do Parlamento galego para amosar o rotundo rexeitamento á Lei Animalista que o Goberno Central quere sacar adiante e que poñería en serio risco a actividade cinexética.

Neste primeiro encontro co Partido Popular, participaron por parte da FGC, Javier Nogueira, presidente da Xunta Xestora, Francisco Couselo, presidente da FGC en Pontevedra, Antonio Reinoso, presidente da FGC de Ourense, José Moure, secretario xeral da Xunta Xestora e Borja Taboas, asesor veterinario da FGC. 

Por petición da FGC, o Partido Popular tivo a ben manter unha reunión de traballo durante a cal Javier Nogueira analizou e trasladou polo miudo as consecuencias para a actividade cinexética a posible entrada en vigor desta Lei de Dereitos dos Animais a cal amosa claras tendencias extremas do animalismo. Un proxecto de Lei que conta coa oposición do sector cinexético, do mundo rural, de científicos, asociacións ecoloxistas e conservacionistas e outros moitos sectores afectados.

Rematada a reunión, o ente federativo agradeceu a participación dos representantes parlamentarios nacionais do Partido Popular nesta xuntanza durante a cal, dita forza política, atendeu as peticións cinexéticas ao mesmo tempo que concordou cas nefastas consecuencias que podería ter esta Lei para a caza e o rural, si se manten a redacción actual da mesma.  

En vindeiras datas, a FGC continuará coa rolda de contactos cos diferentes partidos políticos con representación no Parlamento. Unhas accións federativas que se están realizando a nivel autonómico e nacional co fin de excluir á caza desta Lei Animalista.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ORDE DE AXUDAS TERREOS QUEIMADOS
2025-09-10
A FGC ponse a disposición das Sociedades de Caza afectadas pola vaga de lumes

CURSOS FORMACION 2025
2025-09-05
Coa apertura da Escola de Caza a FGC aposta pola formación dos cazadores

OBSERVATORIO CINEXÉTICO
2025-09-03
Comeza a campaña de censos de caza maior do Observatorio Cinexético

OFICINA FGC CORUÑA
2025-07-28
A oficina da FGC da Coruña permanecerá pechada o vindeiro 4 de agosto


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza