Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL A CORUÑA CAZA MENOR
Jesús Mozo con “Pipo” resultou gañador do provincial coruñés de menor
23/10/2022

Campionato Provincial de A Coruña de Caza Menor con Can

O pasado sábado 22 de outubro, en Cedeira e Cerdido, desputouse o Campionato Provincial de A Coruña de Caza Menor con Can nos terreos do Tecor Eixil. Todo elo organizado pola Federación Galega de Caza na Coruña en colaboración coa Sociedade de Cazadores de Cedeira.

Bo número de participantes e con enorme paixón comenzou esta fase provincial baixo unhas condicións climáticas que non foron todo o desexadas para acadar avistamentos e capturas agardadas.

Foi o cazador Jesús Mozo Pereira o que acadou o título de Campión Provincial con 1.100 puntos e grazas ó traballo do seu braco alemán de nome “Pipo”. O ata o día de onte vixente campión provincial, José Manuel Torres Parada, obtiña a prata con 400 puntos coa cadela “Enxa”. O bronce era para Alberto Boquete Casas que participou co setter inglés de nome “Toti” obtendo unha puntuación de 200 puntos.  

Este campionato provincial contou coa colaboración da Deputación da Coruña e co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
2025-12-29
VIII Copa Federación Galega de Cans de Parada sobre Arcea “Xunta de Galicia”

CAMPIONATO GALEGO DE ARCEAS
2025-12-22
José Manuel Tomé co setter “Duke” gañador dun Campionato Galego de Arceas moi desputado

ARCEAS CORUÑA
2025-12-15
O provincial da Coruña de caza de arceas proclomou campión a José Manuel Tome con “Duke”

ARCEAS PONTEVEDRA
2025-12-15
Iván Ramos con "Sira" proclamouse campión provincial de caza de arceas en Rodeiro


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza