Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO DE CETRERÍA
Na Terra Chá citáronse os mellores cetreiros galegos
31/10/2022

XX Campionato Galego de Cetraría 

O pasado 28, 29 e 30 de outubro desputouse o XX Campionato Galego de Cetraría no Tecor lucense da Terra Chá, concretamente nos terreos que dita sociedade ten destinados para a práctica desta modalidade, situados no concello de Cospeito. 

O campionato estivo organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Sociedade Galega de Cetraría e a Sociedade de Cazadores da Terra Chá.

O Autonómico desputouse nas categorías de: altanaría, baixo voo azores e harris, pequenas aves e brazo tornado.

Todo comenzaba o venres 28 ás 20:30 horas no Museo das Aves de Cospeito coa recepción de cetreiros, presentación do Campionato e sorteo de quendas de voo. Destacamos a presencia de cetreiros de toda Galicia e tamén doutros puntos da xeografía nacional, cántabros, leones, etc.

Xa na xornada do sábado comenzaban os voos de clasificación baixo unha intensa choiva que pouco a pouco foi remitindo para dar paso a mellores condicións climáticas que permitiron desfrutar ao público e cetreiros. Na xornada do domingo xa con ceos totalmente despexados desputáronse os voos finais.

Altanería

Na modalidade de altanería o Campión Galego era Rogelio Domínguez que con 80,80 puntos revalidaba o título acadado no 2021 en Xinzo de Limia. Con 55,60 puntos o subcampionato era para Marcelino Herrera e o terceiro posto do podio era ocupado por Luis Rivas con 42,70 puntos.

Baixo Voo

Na categoría de Azores o Campión Galego era José Vigo con 66 puntos. Pedro A. Sanjuan facíase co segundo posto da clasificación xeral con 63 puntos. O bronce con 58,5 puntos era tamén para Carlos Gil.

En Harris o campión era José Gregores con 37 puntos seguido en segunda posición a un so punto por Diego Tarrio. O terceiro posto era para o cetreiro Héctor Fernández con 35,5 puntos.

Brazo Tornado

A cetreira Isabel Cañas con 45,5 puntos era o campiona desta categoría seguida, xa en segunda posición, por Evaristo González con 39,5 puntos. O bronce era para Juan Barcala con 38,75 puntos.  

Pequenas Aves

Na categoría de Pequenas Aves resultaba campión Ignacio Orge con 66,75 puntos, repetindo o mesmo posto acadado na pasada edición. Con 66,25 puntos a prata era para Evaristo González e o bronce para Víctor Pérez con 54 puntos.  

Na cerimonía de proclamación dos “Cetreiros do Camiño 2022” e a entrega de premios estiveron presentes as seguintes autoridades: Javier Arías Fouz, Delegado Territorial de Galicia en Lugo; Roberto Fernández Rico, Deputado da Área de Recursos Sostibles da Deputación de Lugo; Armando Castosa, Alcalde do Concello de Cospeito; Luis Eusebio Fidalgo Álvarez, Vicepresidente da FGC en Lugo e Jaime González Penelas presidente do Tecor Terra Chá.

Este campionato galego contou coa colaboración da Deputación de Lugo e o Concello de Cospeito así como co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL DE LUGO DE ARCEAS
28/11/2022
Kiko López con “Timba de Villastur” gañador en O Corgo

NACIONAL AGILITY
07/11/2022
Bos resultados dos deportistas galegos no nacional de Agility

GALEGO DE CAZA MENOR CON CAN
30/10/2022
Torres Parada coa setter “Enxa” revalidan o título na Terra Chá

AUTONÓMICO DE ARCO O VOO
24/10/2022
A parella composta por Jaime Villaverde e Pedro Martínez co can “Sil” son os novos campións galegos de arco o voo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza