Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
O lote de Andrés Paz foi o campión da “Proba de Ceiba do Barbanza”
22/04/2023

III Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe “Proba de Ceiba do Barbanza”

No día de hoxe, sábado 22 de abril, a comarca do Barbanza acollía a terceira edición da Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe “Proba de Ceiba do Barbanza” baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e coa colaboración das Sociedades de Caza Lousame-Noia, Rianxo, Porto do Son, Dodro, Rois e Castelo de Vitres-Folgoso.

Novamente gran expectación ante unha proba de cans de rastro sobre xabaril salvaxe que tanto atrae a monteiros galegos e do norte de España. Dita proba segue sumando éxitos e nesta edición as boas condicións climáticas, unha noite húmida e unha maña favorable, engadiron maior calidade á mesma xa que os cans, novamente os protagonistas, amosaron todo o seu potencial nas demandas, desencames e persecucións dos xabariles. 

A gran maioría dos 18 lotes participantes foron quen de realizar prestacións de calidade grazas, en parte, á alta densidade de xabaril e ao enorme traballo que, a pe de monte, fixo a organización, os rastrexadores e as sociedades de caza colaboradoras.

Foi o lote de cans “Sadán, Solla, Cometa, Reina, Selva e Mecha” propiedade de Andrés Paz Dios o que acadou o primeiro posto da clasificación xeral con 943 puntos, converténdose no campión desta terceira edición. O monteiro cántabro, Juan García Fernández cos cans “Paloma, Zela, Kaiser, Reina, Rio e Faro” era o segundo clasificado con 850 puntos. José Vázquez Laiño cos cans “Dujan, Nora, Yaki, Laika, Thor e Leka” foi o que obtiña o bronce con 815 puntos. 

A cadela “Solla” propiedade do campión Andrés Paz foi mencionada como Mellor Can da Proba.

Estes eran o resto de puntuacións e clasificados:

- 4º) Andrés Dieste Piñeiro: 804 puntos

- 5º) Rubén Chousa López: 800 puntos

- 6º) Sergio Prol Arcos: 759 puntos

- 7º) Ángel Ceballos Abascal: 750 puntos

- 8º) Víctor Mallo Carro: 732 puntos

- 9º) Santiago Varela Fontao: 725 puntos

- 10º) Pablo González Castro: 690 puntos 

Este campionato contou coa colaboración da Deputación da Coruña, Armería Rastros e Ventos, Proameixa e co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza