Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAMPIONATO ESPAÑA JABALÍ SALVAXE
O I Campionato de España e a I Copa España Xuvenil de Cans de Rastro Atraelados sobre xabaril salvaxe celebrarase en Ferrolterra
17/05/2023

A Sociedade de Caza de Valdoviño, a Sociedade de Caza Urogallo de Ferrol e a Sociedade de Caza e Pesca Xubia de Narón acollerán, o vindeiro 3 de xuño, esta primeira edición

Todo preparado para a desputa da primeira edición do Campionato de España de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe o vindeiro 3 de xuño por terras galegas e nas que tamén se celebrará, simultaneamente, a I Copa España da modalidade para Xuveniles.

Destacar a xentileza, colaboración e traballo das Sociedades de Caza de Valdoviño, Urogallo de Ferrol e Xubia de Narón que non soamente cederán os seus terreos para a desputa destes campionatos se non que poñerán, a disposición da organización, un equipo de experimentados rastrexadores para a procura dos rastros do porco bravo.

Neste I Campionato de España os participantes virán clasificados polas respectivas federacións autonómicas de caza pero tamén haberá un número limitado de prazas para a participación libre. 

Sendo coñecedores da paixón que desata o rastrexo do xabaril con cans atraelados por parte dos xóvenes, tamén terá lugar a I Copa España da modalidade para monteiros menores de 18 anos, sendo para eles a inscrición gratuita.

Este Campionato e Copa de España será organizada pola Real Federación Española de Caza e a Federación Galega de Caza, facendo realidade un evento nacional e oficial desta modalidade sobre xabaril salvaxe tan solicitada polos monteiros norteños.

Vémonos en Ferrolterra!!!

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
2025-12-29
VIII Copa Federación Galega de Cans de Parada sobre Arcea “Xunta de Galicia”

CAMPIONATO GALEGO DE ARCEAS
2025-12-22
José Manuel Tomé co setter “Duke” gañador dun Campionato Galego de Arceas moi desputado

ARCEAS CORUÑA
2025-12-15
O provincial da Coruña de caza de arceas proclomou campión a José Manuel Tome con “Duke”

ARCEAS PONTEVEDRA
2025-12-15
Iván Ramos con "Sira" proclamouse campión provincial de caza de arceas en Rodeiro


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza