Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAMPIONATO ESPAÑA JABALÍ SALVAXE
O cántabro Jonathan Arnaiz con “Man” converteuse no primeiro Campión de España da modalidade e o xoven monteiro asturiano Iyan Canedo con “Barbas” foi o campión da Copa Xuvenil
04/06/2023

I Campionato de España de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe - I Copa de España Xuvenil 

O 3 de xuño, baixo a organización da Real Federación Española de Caza e a Federación Galega de Caza e contando coa inestimable colaboración das Sociedades de Caza de Xubia de Narón, Urogallo de Ferrol e Valdoviño tivo lugar o I Campionato de España de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe e a I Copa de España Xuvenil da modalidade, todo elo desputado na comarca de Ferroltera (A Coruña).

Galicia tivo a responsabilidade de acoller esta primeira edición na que a incerteza dunha proba de caza salvaxe pronto se disipou ao contar cun amplo sistema organizativo e un alto nivel dos 20 membros que conformaron o equipo de rastrexadores/guías, peza clave nestas probas. 

Todo comenzaba o venres día 2 de xuño no auditorio do concello de Valdoviño coa recepción e entrega de dorsais aos participantes para rematar coa cea inaugural á que asistiron monteiros chegados de Navarra, País Vasco, Castela e León, Cantabria, Asturias e Galicia.

A proba estivo dividida en 6 campos dos cales 5 corresponderon a proba Nacional absoluta con 41 monteiros e o derradeiro campo estivo formado por 20 rapaces menores de 18 anos que participaron na I Copa España Xuvenil da especialidade.

Rematada a fase clasificatoria o Delegado Nacional, Oscar Meijide, deu a coñecer os dous monteiros clasificados de cada campo os cales desputaron a fase final: 

- Campo A: Jose Rey con “Mulata” e Alfredo Tejón con “Cumbia”

- Campo B: Jesús Cossio con “Chulo” e Alfonso Martínez con “Jara”

- Campo C: Pablo Alonso con “Rufus” e Jonathan Arnaiz con “Man”

- Campo D: Miguel Villar con “Blanco” e Pablo Ferreiro “Richard”

- Campo E: Martín García con “Lima” e Pablo Martínez con “Saky”

Na fase final, o binomio formado polo cántabro Jonathan Arnaiz García co seu can de nome “Man” obtiveron a maior calificación cun total de 248,5 puntos que o converteu no primeiro Campión de España de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe. Pablo Martínez Castrillón chegado da veciña Asturias participou coa cadela “Saky” obtendo o subcampionato de España con 226 puntos. Na terceira posición remataba o tamén cántabro Jesús Cossio Verdeja co grifón de nome “Chulo”  con 215,5 puntos. 

No tocante a I Copa España Xuvenil, o campión era o xoven asturiano Iyan Canedo Pérez que participaba con “Barbas” obtendo unha calificación de 242 puntos. A prata era para o galego Brais Gómez Sabín que participou co can de nome “Chanclas” e obtivo un total de 233 puntos.O pequeno monteiro cántabro de nome Samuel Cossio Fernández era a terceiro clasificado con 231 puntos e participando con “Tyson”. Destacar o enorme nivel amosado polo xuveniles que a bo seguro moi pronto seran campións absolutos da modalidade. 

A entrega de premios e a clausura do campionato por parte das autoridades presentes, puxeron o remate a esta exitosa e apaixoante primeira edición do Campionato de España de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe.

Esta competición foi subvencionada cos fondos Next Generation da Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza