Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAMPIONATO GALEGO DE RASTRO XABARIL
O pontevedrés Antonio Sánchez con “Chico” revalida o título Campión Galego de Rastro sobre Xabaril
10/06/2023

XXVII Campionato Galego de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril

O concello pontevedrés de Tomiño foi o lugar elexido pola Federación Galega de Caza para celebrar o XXVII Campionato Galego de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril. Unha proba desputada no día de hoxe, 10 de xuño, e que contou coa colaboración e enorme traballo da Sociedade de Cazadores A Tomiñesa.

Nesta edición participaron 36 monteiros das seleccións provinciais (10 de Coruña, 10 de Lugo, 7 de Ourense e 9 de Pontevedra), o campión de edición anterior máis os 3 clasificados pola Copa Galicia. 

Jaime González Penelas foi o Director da Proba e contou con Xuíces Titulares: Alfonso Collazo, Mario Dios, Ramón Collazo e Eduardo González e cos Auxiliares: Jorge Cid, Tito Tarela, Santiago González e José Rivas.

Os monteiros dividíronse en dous campos para afrontar a semifinal na que os seis mellores clasificados de cada campo desputaban a gran final. Nesta fase clasificatoria destacamos a participación de Antonio Sánchez con “Chico” e Carlos Rouco con “Eros” que obtiveron as mellores puntuacións de cada campo.

Foi o pontevedrés Antonio Sánchez Sexto o que co seu can mestizo de nome “Chico” obtiña o primeiro posto con 230,5 puntos e se proclamaba campión galego da especialidade por segundo ano consecutivo. O lucense Camilo Cabodevila Fiallega con “Chacho” remataba en segunda posición con 226 puntos. O tamén lucense Carlos Rouco Villares con “Eros”, compretaba o podio co bronce acadado despois dunha participación que lle reportou 222,5 puntos.

Como aconteceu na pasada edición, Michael Otero Folgueira tamén recibiu a placa de campión da Copa Galicia da especialidade, nesta ocasión revalidando o título coa cadela de nome “Nely”.

A Selección Galega para a desputa do Campionato de España quedou conformada polos seguintes monteiros: Antonio Sánchez, Camilo Cabodevila, Carlos Rouco, Álvaro Fontenla (por Copa Galicia), Michael Otero (por Copa Galicia), Julio Ferradás, Martín Martínez, Salvador Sestelo (Campión de España 2022) e Adrián Ares. Un Campionato Nacional que se desputará o vindeiro día 24 de xuño en Navarra.

Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Arion e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza