Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL PONTEVEDRA E OURENSE
Daniel Cebreiro campión da proba e Roberto Rodríguez por Pontevedra e Javier Villanueva por Ourense, campións provinciais de Compak
03/07/2023

Campionatos provinciais de Pontevedra e Ourense de Compak Sporting

No día de onte, 2 de xullo, desputouse de xeito simultáneo os Campionatos Provinciais de Pontevedra e Ourense de Compak Sporting. Unha tirada desputada en Río Sar a 100 pratos e na cal o campión da proba foi Daniel Cebreiro García que rematou cunha marca de 94 pratos.

O campionato contou coa organización da Federación Galega de Caza de Pontevedra e Ourense e coa colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar e Clube de Tiro Eido Dalbo.

Con enorme deportividade celebrouse esta proba na que os mellores tiradores galegos citáronse novamente en Río Sar.

Por detras de Cebreiro remataba Alfredo Augusto García Mendoza que foi o que obtivo o segundo posto da clasificación xeral con 90 pratos, acadando o primeiro posto da categoría Senior. Destacar a gran tirada realizada polo coruñés Juan Manuel Carou Rey que obtivo o terceiro posto da xeral con 88 pratos e foi o campión en nivel B.

No tocante ao Provincial de Pontevedra o campión foi Roberto Rodríguez Fernández con 87 pratos. Un título provincial para Roberto moi pelexado xa que tivo que desempatar con Manuel Blanco Puertas que acadaría o subcampionato. O terceiro posto foi para Daniel Domínguez Treinta con 86 pratos.

Francisco Javier Villanueva Dejuane foi o Campión Provincial de Ourense ao rematar con 79 pratos. A prata foi para Manuel Caramés Gorgal con 67 pratos. Compretou o podio en terceira posición Eliseo Faraldo Fernández con 55 pratos.

Fernando Sanchez Mancebo e Vicente Insúa López foron os que compretaron o podio Senior en segunda e terceira posición, respectivamente. 

Javier Suárez Da Fonte foi o xuvenil campión ao rematar a tirada coa extraordinaria marca de 80 pratos escachados. En veteranos o campión foi Antonio Castro Ferreiro e Ángel Mosquera Rodríguez campión en máster.

Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

AUTONÓMICO FIELD TARGET
15/07/2024
Os mellores tiradores de Field Target desputaron o Autonómico en As Pontes

PROBA COPA GALICIA RASTRO XABARIL
10/07/2024
Julio Ferradás con “Copi” gañadores en A Lama

SAN HUBERTO MANUEL REBORDELO
10/07/2024
Edelmiro Leira con “Nilo” gañadores nas Pontes

CAMPIONATO ESPAÑA RASTRO XABARIL
01/07/2024
Antonio Sánchez con “Chico” campións de España de Rastro de Xabaril


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza