23 de outubro de 2023
PROVINCIAL CORUÑA CAZA MENOR

Torres Cebey con “Mia” resultou gañador do provincial coruñés de menor

Campionato Provincial da Coruña de Caza Menor con Can

O pasado sábado 21 de outubro, en Lousame e Noia, desputouse o Campionato Provincial da Coruña de Caza Menor con Can nos terreos do Tecor Nimo - Colou. Todo elo organizado pola Federación Galega de Caza na Coruña en colaboración coa Sociedade de Cazadores Lousame-Noia.

Bo número de participantes e boa densidade de caza foron as notas predominantes nesta fase provincial de caza menor con can que tiña como feito destacable o recoñecemento á traxectoria deportiva dos irmáns Emilio e Jose Manuel Romero Castro os cales recibiron o agarimo de participantes, autoridades e organización.

Foi o cazador Jose Manuel Torres Cebey o que acadou o título de Campión Provincial con 1.300 puntos e grazas ó traballo da súa setter de nome “Mia”. O segundo posto, coa mesma puntuación que o campión, era para Antón Moure Segade coa setter “Lira”. O bronce era para Rubén Boquete Varela que participou co setter inglés de nome “Flipper da Edreira” obtendo unha puntuación de 1.100 puntos.  

Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.