2 de xaneiro de 2024
ACORDO MEDIO RURAL

A FGC e a Consellería de Medio Rural apostan pola mellora dos hábitats na prevención fronte ós lumes

Na pasada semana, a FGC mantiña unha reunión de traballo coa Consellería de Medio Rural durante a cal se acadaba un acordo de colaboración conxunta contra os lumes. 

En dita xuntanza estivo presente o Conselleiro de Medio Rural, José González, acompañado do Director Xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez; e polo ente federativo participou a Xunta Executiva co presidente Luis Eusebio Fidalgo ao fronte.

Nun primeiro intre, o presidente Fidalgo espuxo a importancia para os cazadores da conservación en estado óptimo dos montes e a necesidade da mellora dos hábitats para as especies de caza menor que facilitará a prevención da lacra dos lumes.

O paquete de medidas que inclúe este acordo esta, entre outros, a divulgación e concienciación na prevención e loita contra os lumes, así como diferentes traballos de xestión a realizar nas diferentes sociedades e Tecores federados.

Ditas actuacións farán referencia a realización de desbroces e limpeza de pistas forestais principais e estratéxicas, así como o acondicionamento de puntos de auga.

Desde a FGC cremos que o desenvolvemento deste acordo é fundamental para a defensa dos nosos Tecores e para a conservación e mellora do medio ambiente, polo que animamos a todas as sociedades federadas e a todos os nosos federados a participar activamente.

Nas vindeiras semanas a FGC e a Dirección Xeral de Defensa do Monte manterá contacto cos distintos distritos provinciais e informará puntualmente ás Sociedades de Caza que desexen acometer algunhas destas accións preventivas ante os lumes nos seus terreos cinexéticos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.