17 de marzo de 2024
TROFEO CIDADE DE LUGO CANS PARADA

Bóveda acolleu o Trofeo Cidade de Lugo de Cans de Parada


Na xornada de onte, 16 de marzo, os terreos cinexéticos do Tecor de Bóveda acolleron a edición XXXIV do Trofeo Cidade de Lugo de Cans de Parada. Unha proba organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo e que contou coa colaboración da Sociedade de Cazadores Pena Veitureira.


Destacamos a participación do setter inglés de nome “Chico do Cereixal”, propiedade de Antonio Vilar, o cal acadou unha calificación de 1º EXC na categoría de razas Británicas. A pointer “Cora” de Fernando Manso obtivo o segundo posto cun 2º MB e cun 3º B situábase “Azor da Brisa da Ría”, setter inglés propiedade de Eloy Rodríguez.


O braco alemán “Iron de Marcofa”, propiedade de Jaime Aneiros, foi o mellor calificado en razas Continentales cun 1º MB.


Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arion e Mutuasport.


Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.