Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
Rubén Gómez con “Sil” e o junior Samuel Fernández con “Jara” foron os campións da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo
17/03/2024

V Campionato de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe

Na xornada do pasado 16 de marzo tiña lugar a quinta edición do Campionato de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe na localidade coruñesa de Rianxo.  Un total de 24 monteiros e cans competiron para sumar puntos na Copa Galicia da especialidade que permitirá coñecer os clasificados por Galicia para o Campionato de España de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe.

Baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e contando coa vital colaboración da Sociedade de Pesca de Rianxo tiña lugar esta proba de gran repercusión para os apaixoados do rastrexo de xabaril a traela.

Rematada a prestación dos finalistas en cada campo destacar a prestación do monteiro Rubén Gómez Ferreira que co can “Sil” obtivo unha puntuación final de 231 puntos e foi o campión da proba. Con 221,33 puntos remataba, en segunda posición, José Ramón Rivas Vidal con “Perla”. A cadela de nome “Jara” conducida polo junior Samuel Fernández de la Torre acadou o bronce con 212 puntos e foi tamén o campión da categoría junior con 218 puntos.

En juniors o segundo clasificado foi Erik Iglesias Meizoso coa cadela “Chita” e 210 puntos. O bronce foi para o xoven monteiro Brais Gómez Sabín que participou con “Chanclas” e acodou unha  puntuación de 203 puntos.

A entrega de premios e o xantar de irmandade puxo o punto e final a este campionato. Unha proba que contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arion e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA COELLO
2025-09-15
Os beagles de Abralde Crujeiras gañadores do provincial coruñés de coello

CANS PARADA SOBRE PERDIZ EN MONTAÑA
2025-09-08
“Sar do Coto da Neboa” de Francisco Santiago foi o mellor calificada na Proba de Cans de Parada sobre Perdiz en Montaña

CAMPIONATO GALEGO CANS PARADA
2025-09-01
O setter “Único” de Antonio Vilar e o braco “Iron” de Jaime Aneiros, foron os Campións Galegos da Copa Galicia de Cans de Parada 2025

CAMPIONATOS GALEGOS DE ARCO
2025-08-27
Campións galegos de percorridos e arco o voo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza