Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COPA GALICIA CANS DE PARADA
“Chico do Cereixal” de Antonio Vilar e “Iron” de Jaime Aneiros foron os Campións Galegos
30/03/2024

Copa Galicia Cans de Parada - Campionato Galego Xunta de Galicia 2024 

No día de hoxe, 30 de marzo, tivo lugar a derradeira proba da Copa Galicia de Cans de Parada que se desputou nos terreos do Tecor San Vicente de Vimianzo. Uns campos cedidos pola sociedade de caza local que outrogaron os resultados definitivos dos campións galegos da Copa Galicia deste 2024.

A organización do campionato recaeu na Federación Galega de Caza en colaboración con dita sociedade de caza e sendo o director da proba José Sanmartín Pérez.

As condicións climáticas reinantes durante boa parte da competición non foron as máis axeitadas xa que a intensa choiva presente complicou o voo da caza sementada, nembargantes o vento continuo e unidireccional fixo que se producisen puntos de calidade. 

Nesta derradeira proba, o campión en Británicos foi a setter “Berta” de Roberto Dopico Dopico cunha calificación de 1EXC. O pointer macho de nome “Pul” de Jaime Aneiros Leira obtivo o segundo posto cun 2 EXC. Tamén cun 3 EXC remataba, en terceira posición, a setter inglés “Fiera da Pardiñeira” de Eliseo Faraldo Fernández.

En Continentais a braco alemán “Cora da Poldarriba” de Vicente Cortés Doce obtivo a calificación de 1 B. E o tamén braco alemán de nome “Iron” de Jaime Aneiros Leira obtivo un 2 B.

Finalmente, sumados os resultados das probas puntuables da Copa Galicia, a clasificación final galega de Cans de Parada 2024, que conforma a Selección Galega, foi a seguinte.

RAZAS BRITÁNICAS

1º e campión “Chico do Cereixal”, setter inglés macho de Antonio Vilar Vigo, con 34 puntos.

2º “Cora”, pointer femia de Fernando Manso Gómez, con 26 puntos.

3º “Gudel”, setter inglés macho de Roberto Dopico Dopico, con 22 puntos.

4º “Berta de Vilar de Donas”, setter inglés femia de Roberto Dopico Dopico, con 20 puntos.

RAZAS CONTINENTAIS

1º “Iron” braco alemán marcho de Jaime Aneiros Leira, con 25 puntos.

2º “Cora de Poldarriba” braco alemán femia de Vicente Cortés Doce, con 10 puntos.

Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza