15 de abril de 2024
CURSO FORMACION XUÍCES TIRO

Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

O sábado 13 de abril, as instalacións da Sociedade Deportiva Río Sar recibiu a 13 aspirantes a xuíces e árbitros das disciplinas de Percorridos de Caza e Compak Sporting.

Unha xornada gratuita e organizada pola Federación Galega de Caza e que tiña como finalidade a de dar formación a futuros xuíces e árbitros das disciplinas de tiro.

O curso deu comenzo ás 9:30 horas e como ponentes participaron: César Tosar González, xuíz Nacional de RRCC e Compak e José Moure Caneda, xuíz Autonómico de RRCC e Compak.

Os aspirantes obtiveron coñecementos sobre o regulamente de percorridos de caza e compak sporting e tamén sobre a normativa de competicións da FGC.

A presencia do delegado autonómico das disciplinas de tiro da FGC, Daniel Cebreiro, tamén proporcionou información aos futuros xuíces sobre o montaxe das canchas e postos de tiro, traxectorias, máquinas empregadas, etc.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.