4 de maio de 2024
PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING

Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

XXIII Campionato Provincial de Lugo de Compak Sporting

No campo de tiro eventual sito no monte do Cristo da localidade lucense de Portomarín tiña lugar hoxe, 4 de maio, a edición número XXIII do Campionato Provincial de Lugo de Compak Sporting.

Un campionato provincial organizado pola Federación Galega de Caza de Lugo e que contou coa colaboración da Sociedade de Cazadores San Nicolás.

Un total de 24 tiradores desputaban este campionato provincial a 50 pratos divididos en duas canchas de tiro e nas que o lucense José Luis Otero del Río proclamábase campión da proba e campión provincial cun total de 48 pratos escachados. Gran tirada para Otero que foi quen de acadar o único 25 da tirada.  

O segundo posto da Xeral foi para o tamén lucense Omar Insúa Rodríguez que rematou con 47 pratos despois de realizar unha extraordinaria tirada. O pontevedrés José Antonio Vasconcellos Vicente foi o terceiro clasificado con 45 pratos despois de resultar gañador no desempate desputado con Francisco Javier Rivero Martínez.  

O bronce provincial foi para Mario González Yáñez con 44 pratos.

Francisco Javier Rivero Martínez era o campión da categoría Senior por diante de Mario González Yañéz e Constantino Vilar Rodríguez que remataban en segunda e terceira posición, respectivamente.

Manuel Magide López en Veteranos, José María González Rodríguez en Máster e Artemio Formoso Barro en Tiro Adaptado conformaron o abano de campións desta fase provincial lucense. 

Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.