10 de xullo de 2024
SAN HUBERTO MANUEL REBORDELO

Edelmiro Leira con “Nilo” gañadores nas Pontes

Copa Federación da Coruña de Caza San Huberto recoñecemento á traxectoría deportiva de Manuel Rebordelo Maira

A FGC da Coruña tivo a ben, o pasado 6 de xullo, facer un recoñecemento á traxectoría deportiva de Manuel Rebordelo Maira. Cazador e xuíz sempre moi vinculado á FGC e as competicións cinexético-deportivas.

Esta proba da Copa Federación da Coruña de San Huberto foi puntuable para a Copa Galicia e tivo como campos de competición os terreos do Tecor Venatoria das Pontes. 

A proba foi dirixida por Cristina Sanmartín e nela participaron preto de 30 cazadores. Desputado o barrage final o competidor Edelmiro Leira Pérez que participou co braco de nome “Nilo” acadou a mellor puntuación e foi o campión con 64 puntos. Con 59 puntos, a prata foi para Lidia Almeida de Oliveira que participou co setter “Dylan”. José Sanmartín Pérez obtivo o terceiro posto con “Kira” e 43 puntos. 

Un xantar de irmandade puxo o punto e final a esta proba que tivo como protagonista a Manuel Rebordelo, o cal recibiu un agasallo e un emotivo recoñecemento por parte de compañeiros e organización.

Esta proba contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.