28 de outubro de 2024
PROVINCIAL OURENSE CAZA MENOR

Jose Luis García con “Xesta” gañador do provincial de Ourense desputado en Xinzo

Campionato Provincial de Ourense de Caza Menor con Can

No Tecor de Xinzo de Limia desputouse unha nova edición do Campionato Provincial de Ourense de Caza Menor con Can. Novamente foi a Federación Galega de Caza en Ourense a que correu ca organización de dita proba que, coma sempre, contou coa inestimable colaboración da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia.

Baixo unha climatoloxía húmida os diferentes cazadores acompañados dos seus respectivos cans e xuíces tentaron buscar os lances cinexéticos sobre as especies cazables permitidas.

Foi o cazador Jose Luis García Álvarez coa cadela pointer de nome “Xesta” o que obtivo o primeiro posto e o título de campión provincial ao chegar ao control cunha puntuación de 750 puntos. Coa mesma puntuación pero en segunda posición remataba o cazador Diego Dorado Álvarez que participou coa setter “Daiki”. O bronce era para Alfonso García Rodríguez o cal, grazas ao traballo da cadela de nome “Jara”, entrou no control con 550 puntos.

Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.