Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL ARCEAS OURENSE
O título de campión provincial foi para Ivan Álvarez coa setter “Trina”
21/01/2025

XXVIII Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas Xunta de Galicia

O pasado 18 de xaneiro, desputábase a fase provincial de Ourense de caza de arceas. Un campionato celebrado nos terreos cinexéticos do Tecor San Cristovo de Cea e que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e coa colaboración da Sociedade de Cazadores de dito Tecor.

Con baixas temperaturas pero con ceos despexados comenzaba esta fase provincial de caza de arceas que resultou ser unha fantástica xornada cinexética para todos os cazadores participantes. 

O máis afortunado dos participantes xunto co seu bo facer foi Ivan Álvarez Pena que participou coa setter “Trina Raiña Loba” e acadou o título de campión provincial con 500 puntos. Co mesmo número de puntos pero en segunda posición remataba Diego López Corbal que participou coa setter de nome “Garza”. O bronce foi para o cazador Cesáreo López Rodríguez e a setter “Diana de el Sirerol”. 

Estes tres primeiros clasificados xunto con José Carlos Otero e Diego Dorado conforman a selección provincial para o vindeiro Autonómico da especialidade.

Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PONTEVEDRA PERCORRIDOS DE CAZA
2025-05-19
Daniel Domínguez novo campión provincial de pontevedra de percorridos de caza

PONTEVEDRA XABARIL
2025-05-19
Bárbara Fontán con “Sono” campiona en Xeve

CAMPIONATO GALEGO DE PAXARILES
2025-05-13
Campións galegos de paxariles

PERCORRIDOS DE CAZA LUGO
2025-05-12
Jesús García foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza